Ácido
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ácido - É unha especie química (molécula ou ion) que pode ceder protóns (H+). Un exemplo é o ácido clorhídrico, de fórmula HCl:
- HCl → H+ + Cl- ( en calquer meo, acoso ou non )
O concepto de ácido é o contraposto ao de base. Para medir a acidez dun medio utilízase o concepto de pH.
Índice |
[editar] Distintas definicións de "ácido":
A definición anterior corresponde a formulada por Brönsted e Lowry en 1923, e xeneraliza a teoría anterior de ácidos de Arrhenius, de 1887. Na definición de Arrhenius un ácido é unha substancia que ao ionizarse produce ions H+ (en solución acuosa). A teoría de Brönsted e Lowry de ácidos tamén serve para disolucións non acuosas; as dúas teorías son moi parecidas na definición de ácido, mais a de Bronsted-Lowry é moito máis xeral.
Lewis en 1923 ampliou aínda máis a definición de ácidos, teoría que non obtivo repercusión ata algúns anos máis tarde. Segundo a teoría de Lewis un ácido é aquela especie química que, en calquera medio, pode aceptar un par de electróns. Desta forma inclúense substancias que se comportan como ácidos, mais non cumpren a definición de Brönsted e Lowry, sendo denominadas ácidos de Lewis. Visto que o protón, segundo esta definición, é un ácido de Lewis (ten valeiro o orbital 1s, onde pode aloxarse o par de elétrons), pódese afirmar que todos os ácidos de Brönsted-Lowry son ácidos de Lewis, e todos os ácidos de Arrhenius son de Bronsted-Lowry.
- Exemplos de ácidos de Brönsted e Lowry: HCl, HNO3, H3PO4.
- Se estiveren en solución acuosa tamén son ácidos de Arrhenius.
- Exemplos de ácidos de Lewis: Ag+, AlCl3, CO2, SO3.
[editar] Forza dos ácidos
- Un ácido forte é aquel que se ioniza completamente na auga, isto é, libera íons H+, así a todo non os recibe. O exemplo anterior (ácido clorhídrico) é un ácido forte. Outros son o ácido sulfúrico e o ácido nítrico.
- Un ácido fraco tamén libera íons H+ , non obstante parcialmente, establecendo un equilibrio químico. A maioría dos ácidos orgánicos son deste tipo, e tamén algúns sales como o cloreto de aluminio.
- HAc <=> H+ + Ac- (en solución acuosa)
Neste caso (HAc equivale ao ácido acético), e a seta dupla indica o equilíbrio.
[editar] Alguns ácidos
- Ácido acético
- Ácido acetilsalicílico
- Ácido acrílico
- Ácido bórico
- Ácido clorhídrico
- Ácidos graxos
- Ácido nítrico
- Ácido nitroso
- Ácido ribonucleico
- Ácido sulfúrico
- Ácido tartárico
- Ácido úrico
- Aminoácido
- EDTA
[editar] Vexa tamén
- Éter
- Choiva ácida
- ácidos orgánicos
- Anfótero
- Oxíxeno