Turno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Turno, fillo de Dauno, foi un heroe itálico que reinaba sobre os Rútulos á chegada de Eneas ao Lacio. Cando o rei Latino casou a súa filla, que era a prometida de Turno, con Eneas, sentiuse ofendido e artellou unha guerra contra este e Latino. Na batalla, os Rútulos saíron derrotados, pero os aborixes perderon o seu rei. Turno cheo de vinganza foille pedir axuda ao rei Mecencio, pero de novo o pobo dos Rútulos foi derrotado. Turno e Mencencio resutaron mortos na batalla.
[editar] Bibliografía
- Diccionario de mitología griega y romana. Pierre Grimal, profesor da Sorbona. Edicións Paidós Ibérica, S.A. 1986.