Tiberio III
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tiberios III Apsimaros (Τιβέριος Γ' ο Αψίμαρος), en galego Tiberio III Apsimar (? - 705) foi un emperador bizantino que reinou entre 698 e 705.
Tiberio era realmente un comandante do exército chamado Apsimar, do que algunhas fontes din que era de orixe xermana. Durante o reinado do seu predecesor o emperador Leoncio, que tamén era un antigo militar; encabezou unha revolta da flota que fora derrotada polos árabes en Cartago, foi proclamado emperador polos seus soldados e realizou un asedio contra Constantinopla, onde oficiais leais a el abríronlle as portas da cidade e elevárono ao cargo de emperador. Mutilou e mandou encerrar nun convento ao anterior emperador, Leoncio.
Apsimar reinou entre 698 e 705 baixo o nome de Tiberio III. Durante o seu reinado, o Imperio Bizantino renunciou a África que se considerou unha provincia perdida, pero loitou contra os árabes no leste onde obtivo algunhas pequenas vitorias e obtivo algunhas derrotas, perdendo distritos fronteirizos de Asia Menor.
En 705, o antigo emperador Xustiniano II, que fora derrocado por Leoncio, escapou do seu exilio en Querson, Crimea. Tiberio tratou de eliminalo, pero fallou e Xustiniano II foi quen de obter o apoio dos búlgaros para intentar recuperar o trono. En 705 Xustiniano cun exército de xinetes búlgaros plantouse nas murallas de Constantinopla, onde foi capaz de infiltrarse con axuda dalgúns partidarios para derrocar a Tiberio III mediante un golpe de estado. Tiberio III foi capturado e executado, xunto co seu predecesor Leoncio.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Leoncio |
Tiberio III (698-705) |
Precede a: Xustiniano II |
Dinastía dos Heráclidas |