Teodosio III
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Theodosios III (Θεοδόσιος Γ') , en galego Teodosio III foi un emperador bizantino que reinou aproximadamente entre 715 e 717.
Teodosio era un oficial financeiro e recadador de impostos en Adramyttium antes de que fose aclamado en maio de 715 candidato imperial polas tropas do thema (distrito militar) de Opsikion que se revelaron contra o emperador Anastasio II. Dise que Teodosio era unha persoa de extracción moi humilde.
De acordo ao cronista Teófanes, Teodosio non desexaba aceptar o trono, pero se viu imposibilitado de renunciar a el. O futuro emperador e as súas tropas puxéronse inmediatamente a asediar Constantinopla. Seis meses despois, en novembro, capturaron a cidade e depuxeron a Anastasio.
Sábese pouco do curto reinado de Teodosio. Tívose que enfrontar con rebelións en Anatolia, e coa invasión dunha flota árabe. En 716 asinou un tratado co khan búlgaro Tervel que favorecía aos búlgaros e que permitía concentrar os esforzos bizantinos en frear aos árabes.
En 717 León o Isaurio, futuro León III, xeneral do thema Anatólico rebelouse contra Teodosio. O fillo de Teodosio foi capturado por León en Nicomedia e ante a eventualidade de que puidese ser executado, Teodosio decidiu renunciar ao trono o 25 de marzo de 717. El e o seu fillo retiráronse da vida política e ingresaron no clero.
Cara a 729 crese que Teodosio converteuse en bispo de Éfeso. Historiadores modernos sospeitan con todo que o bispo elixido era en realidade o fillo do emperador Teodosio, do mesmo nome. En calquera caso, este bispo está rexistrado como participante no Concilio iconoclasta de Hieria.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Anastasio II, Emperador |
Teodosio III (715-717) |
Precede a: León III, Emperador |
sen dinastía |