Wikipedia:Sobre Galicia/novembro 2005
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ribadeo atópase ubicado na Comarca da Mariña Oriental no extremo nororiental da Provincia de Lugo e limita cos concellos de Barreiros, Trabada, Castropol e A Veiga - Vegadeo. Debe o seu nome ó río Eo, que o separa de Asturias. Ten unha superficie de 112,3 km2 e unha poboación de 9.270 persoas. A súa altitude máxima está no Monte Mondigo, con 571 m.