Proca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na mitoloxía romana, Proca era un rei de Alba Longa e compoñente da dinastía de Ascanio.Tivo dous fillos, Numitor e Amulio. Antes de morrer fixo dúas partes da herdanza real: por un lado, os tesouros, por outro, o reino. Numitor elixiu os tesouros. Amulio, valéndose das riquezas que lle corresponderon, puido destronar facilmente ao seu irmán e ocupar o seu lugar. Pese a todas as preocupacións tomadas, non puido impedir que a súa sobriña, Rea Silvia, dese a luz dous xemelgos, Rómulo e Remo, os cales remataron destronándoo e matándoo. Logo devolvéronlle o poder ao seu avó Numitor.