Polo (deporte)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Para outros significados ver Polo
O Polo é un deporte de equipo e de portería, xogado por tres ou catro persoas a cabalo por equipo, que teñen o obxectivo de meter unha bola na portería contraria. As orixes do polo remóntanse a varios séculos antes de Cristo, e crese que foi na época de Darío o Grande cando se orixinou no Imperio Persa Aqueménida.
O deporte foi introducido en Europa polo décimo de Húsares, que o trouxo da India no 1869. As primeiras regras fixéronse no 1874, e son as que aínda están vixentes. O deporte foi popular en Europa durante comezos do século XX, especialmente entre a nobreza polo seu alto custo.