Partido Democrático de Albania
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Democrático de Albania (Partia Demokratike e Shqipërisë en albanés) é un partido político albanés de dereitas. Fundouse en 1990 e legalizouse o 19 de decembro dese ano. Foi fundamental na caída do goberno comunista en Albania e estivo no poder entre 1992 e 1997 dirixido por Sali Berisha e Aleksander Meksi. O goberno cesou logo dun conato de guerra civil que provocou que o Partido Socialista de Albania obtivese o poder. Nas eleccións de 2001 formou parte da coalición Unión para a Vitoria (Bashkimi për Fitoren) que conseguiu o 37.1 % dos votos e 46 escanos de 140. Nas eleccións de 2005 xa en solitario obtivo o 44.1% e 56 escanos na Asemblea de Albania e conseguiu volver ao poder, de novo dirixido por Sali Berisha, que se converteu en primeiro ministro.
[editar] Presidentes
- Eduard Selami (1993-1995), dimitiu o 5 de marzo de 1995 por oporse ao desexos de Sali Belisha de convocar un referendo para reformar a constitución
- Tritan Shehu (1995-1997)
- Sali Berisha (1997- )