Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Luisiana - Lousiana - Wikipedia

Luisiana - Lousiana

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Louisiana
State of Louisiana
État de Louisiane
Bandeira de Louisiana Selo de Louisiana
Lema: The Pelican State
Mapa dos EUA coa Louisiana en destaque
Outros Estados dos EUA
Capital Baton Rouge
Maior cidade Nova Orleans
Gobernador Kathleen Blanco
Lingua oficial Ningunha. O inglés e mais o francés sono de feito.
Área 134 382 km² (31º maior)
 - Terra 112 927 km²
 - Auga 21 455 km² (16%)
Poboación (2000)
 - Poboación 4 468 976 (22º máis populoso)
 - Densidade 39,61 /km² (22º máis denso)
Entrada na Unión
 - Data 30 de abril de 1812
 - Orde 18º
Fuso horario Central: UTC -6/-5
Latitude 29°N - 33°N
Lonxitude 89°O - 94°O
Largo N-S 210 km
Ancho E-O 610 km
Altitude
 - Altitude media 30 m
 - Punto máis elevado 163 m
 - Punto menos elevado -3 m
Abreviacións
 - USPS LA
 - ISO 3166-2 US-LA
Ligazón externa www.louisiana.gov

A Louisiana, ou Luisiana, é un dos 50 Estados do Estados Unidos da América. A Louisiana localízase no sur do país, á beira do Golfo do México.

A historia, economía e cultura da Louisiana está moi asociada ao Río Mississippí, o río máis longo do país. O Río Mississippí desemboca no Golfo do México. O inmenso delta do río localizase na Louisiana. A rexión onde actualmente se localiza New Orleans, actualmente a maior cidade do estado, foi inicialmente explorada por franceses. Estes exploradores partiron de Quebec, e, seguindo o río Mississippí, chegaron á rexión onde actualmente se localiza o Estado de Louisiana. Posteriormente, o Mississippí, servindo como unha rota hidroviaria de grande importancia, fixeron do estado un gran polo de transportes.

Desde o final do século XVIII, a Louisiana destacou por ser unha rexión multicultural. A Louisiana fora colonizada inicialmente polos franceses, e facía parte da provincia colonial de Louisiana, parte da Nova Francia. A Louisiana pasou a control español en 1763, e novamente a control francés en 1800, para pasar definitivamente a control americano en 1803. A súa economía dependía inicialmente da agricultura, e utilizou grandes cantidades de escravos nas labouras. A partir do século XIX, instaláronse no estado un gran número de alemáns, irlandeses e italianos, e o estado pasou a industrializarse. Actualmente, a economía do estado depende primariamente do refino e distribución de petróleo e derivados.

A Louisiana foi chamada así polo primeiro explorador que explorou a rexión, o francés René Robert Cavelier, en homenaxe ao rei francés Louis XIV da Francia. O seu nome é The Pelican State, que significa "O Estado Pelicano". Os pelicanos eran moi comúns no litoral do estado, aínda que actualmente estean ameazados de extinción.

Índice

[editar] Historia

Vexa Historia da Louisiana

[editar] Xeografía

Mapa político da Louisiana.
Agrandado
Mapa político da Louisiana.

A Louisiana limita ao norte con Arkansas, ao leste con Mississippí, ao sur co Golfo do México e a oeste con Texas. Metade do estado está cuberta por forestas. O estado é cortado polo río Mississippí, que desemboca no Golfo do México, no litoral da Louisiana. O río Mississippí serve como fronteira natural entre o nordeste da Louisiana co estado de Mississippí. O maior lago do estado é o Lago Pontchartrain, con 1620 quilómetros cadrados. O Estado é cruzado por varios ríos e posúe centenas de lagos. Moito do estado, porén, posúe unha baixísima altitude e un terreo moi pouco accidentado. Por causa diso, calquera aumento no volume dos ríos pode desencadear grandes enchentes. Para tentar minimizar a ameaza das enchentes, os diques cobren preto de 2.8 mil quilómetros de litoral, primariamente, ríos, e canais desvían o exceso de auga das choivas para rexións onde este exceso non ameaza as áreas urbanas.

A Louisiana pode ser dividida en tres distintas rexións:

  • O Vale Fluvial do Río Mississippí esténdese ao longo do Río Mississippí. Caracterízase polo seu terreo practicamente chan, e de baixa altitude (nunca superiores a 30 metros). O Vale Fluvial do Mississippí posúe as terras máis fértiles do Estado. As rexións deste vale próximas á foz do río posúen as altitudes máis baixas do estado. O punto de menor altitude está localizado en New Orleans, cunha altitude de 30 metros por baixo do mar. Varias áreas desta rexión están localizadas por baixo do nivel do mar, e como moitas delas non están localizadas lonxe do litoral, son vulnerábeis ao recibimento de auga salgada fluíndo do Golfo do México en dirección ao interior. Esta auga salgada acaba matando moita vexetación do interior do estado. A vexetación axuda a evitar erosión, e sen vexetación, moito do solo do litoral oceánico do Vale Fluvial do Río Mississippí acaba sendo facilmente erosionado polo vento, choivas, tempestades e ondas. O Estado perde preto de 130 quilómetros cadrados de área por ano. Os famosos diques que protexen moitas das áreas urbanas do estado localízanse todas nesta rexión.
Os diques tentan protexer as comunidades urbanas en áreas vulnerábeis a enchentes e inundacións.
Agrandado
Os diques tentan protexer as comunidades urbanas en áreas vulnerábeis a enchentes e inundacións.
  • As Chairas Orientais do Golfo do México localízanse no extremo nordeste da Louisiana, a nordeste do Vale Fluvial do Río Mississippí. Caracterizase polo seu terreo levemente accidentado e altitude superior a 30 metros.
  • As Chairas Occidentais do Golfo do México son a maior rexión do estado, cubrindo preto de 60% do estado. Localízase a oeste do Vale Fluvial do Río Mississippí. A rexión posúe baixas altitudes próximas ao litoral. Estas altitudes aumentan gradualmente á medida que se viaxa ao norte. O punto máis alto máis alto está no noroeste do Estado, con só 163 metros de altitude.

[editar] Clima

O clima da Louisiana é subtropical, con dúas estacións ben definidas. Os veráns do estado son quentes e húmidos e invernos lenes.

No inverno, a temperatura media diminúe á medida que se viaxa para o norte. O litoral posúe unha temperatura media de 13°C no inverno, con mínimas variando entre -8°C e 14, e máximas variando entre -3°C e 20°C. A media das mínimas é de 9°C e a media das máximas é de 18°C. No norte, a temperatura media é de 7°C. Raramente a temperatura cae embaixo de -10°C. A temperatura máis baixa rexistrada foi de -27°C, rexistrada en Minden, en 13 de febreiro de 1899.

No verán, as temperaturas máis altas son rexistradas no oeste en xeral. O oeste posúe unha media de 29°C, e o interior unha media de 27.5°C. A rexión metropolitana de New Orleans posúe as temperaturas medias máis lenes do Estado durante o verán, grazas á proximidade de grandes masas de auga, o delta do Río Mississippí, varios pantanos e lagos, e mais a proximidade do Golfo do México. A temperatura media na rexión é de 26°C. No xeral, a temperatura media varía pouco no verán. En New Orleans, a media das mínimas é de 23°C, e das máximas, de 33°C. A temperatura máis alta rexistrada foi de 46°C, en Plain Dealing, en 10 de agosto de 1936.

A Louisiana posúe unha taxa de precipitación media anual de 145 centímetros. As precipitacións son maiores na rexión metropolitana de New Orleans e menores no extremo noroeste, mais en todo caso, a precipitación media anual non é menor de 130 centímetros en ningunha parte do Estado. A alta taxa de precipitación media anual é unha das principais causas do temores de enchentes e inundacións na rexión. Despois do estado de Florida, a Louisiana é o estado americano con máis ameazadas por furacáns e tempestades tropicais. A maior parte dos furacáns atinxen o estado en setembro ou en meses adxacentes.

[editar] Política

Corte xudiciaria distrital de Beauregard.
Agrandado
Corte xudiciaria distrital de Beauregard.

A actual constitución da Louisiana entrou en efecto en 1974. Antes desta, houbo outras 11. Emendas á Constitución, precisan ser aprobadas pola maioría do electorado. Antes dunha dada emenda ir á votación, son criadas polo Poder Lexislativo, e aprobadas por un mínimo de tres quintos dos membros da Cámara Lexislativa.

O Poder Executivo consiste no gobernador. A poboación escolle a través de eleccións estadais o gobernador, cun mandato de 4 anos. Os gobernadores poden ser candidatos e gobernaren cantas veces quixeren, con todo, non poderán cumprir tres ou máis termos seguidos, aínda que son posíbeis tres ou máis termos en caso dun espazamento de ao menos un termo entre diferentes termos. O gobernador da Louisiana escolle os oficiais do Gabinete, oficiais que presiden sectores públicos tais como transporte e educación, por exemplo. O gobernador da Louisiana posúe o poder de vetar calquera lei.

O Poder Lexislativo da Louisiana consiste nun Senado de 39 membros e unha Casa dos Representantes con 105 membros. A Louisiana está dividida en 39 distritos senatoriais e 105 distritos representativos. A poboación de cada distrito elixe un senador/representante que atuará como representante deste dado distrito no Senado/Casa dos Representantes. Os termos dos senadores son de 4 anos e os termos dos representantes de 2 anos.

A maior corte do Poder Xudicial da Louisiana é a "Corte Suprema da Louisiana". Os 6 xuíces desta Corte son escollidos polo gobernador para mandatos de 10 anos. O Poder Xudicial da Louisiana está baseada no Código Napoleónico francés, e non na Common Law británica. A Louisiana é o único estado dos Estados Unidos que adopta o Código Napoleónico como base xudicial. A Louisiana posúe a maior taxa de encarceración do mundo. Un por cento da poboación da Louisiana está encarcerada, ou 1 013 persoas encarceradas para cada 100 mil habitantes.

Impostos estadais xeran preto de 45% de todo o facturación anual da Louisiana. Os outros 65% vén de verbas fornecidas polo goberno federal.

[editar] Subdivisións

A Louisiana está dividida en 64 parroquias diferentes. A parroquia é unha subdivisión similar a uncondado. Dos 48 Estados que compoñen os Estados Unidos continental, a Louisiana é a única que non usa o termo condado como subdivisión estadal administrativa primaria. O termo "parroquia" ven dos tempos en que a Louisiana fora colonizada polos franceses e polos españois.

Cando a Louisiana se tornou nun Estado americano en 1812, adoptara un sistema de condados. Porén, en 1845, o termo usado para describir estas subdivisións foi mudada para parroquia, grazas á a súa poboación maioritamente católica. Á parte do nome, as parroquias posúen as mesmas funcións dun condado, sendo responsábeis polo fornecemento de certos servizos gobernamentais á poboación, especialmente policía, educación e manutención de vías públicas en cidades de pequeno porte.

[editar] Demografía

Crecemento populacional da Louisiana
Ano Habitantes
1810 76 556
1820 153 407
1830 215 739
1840 352 411
1850 517 762
1860 708 002
1870 726 915
1880 939 946
1890 1 118 588
1900 1 381 625
Ano Habitantes
1910 1 656 388
1920 1 798 509
1930 2 101 593
1940 2 363 880
1950 2 683 516
1960 3 257 022
1970 3 644 637
1980 4 206 098
1990 4 238 216
2000 4 468 976

O censo americano de 2000 estimou a poboación de Louisiana en 4 468 976 habitantes, un crecemento de 6% sobre a poboación de 1990, de 4 238 216 habitantes. Unha estimativa realizada en 2003 estima a poboación do Estado en 4 496 334 habitantes. Entre 1990 e 2004, a poboación do Estado creceu en torno do 6,5%.

Cerca do 74% da poboación da Louisiana viven en áreas urbanas, e os outros 26%, en comunidades rurais. 15 cidades do Estado posúen máis de 20 mil habitantes. Cerca de 76% da poboación da Louisiana viven en rexións metropolitanas. Os centros metropolitanos da Louisiana son Alexandria, Baton Rouge, Houma, Lafayette, Lake Charles, Monroe, New Orleans (cidade máis populosa da Louisiana e centro da rexión metropolitana máis populosa do Estado) e Shreveport - Bousier City.

Etnias

As maiores etnias do Estado son: franceses (16,2%), americanos (10,1%), alemáns (7,1%) e irlandeses (7%). Outras etnias minoritarias inclúen italianos e ingleses.

Os afroamericanos, que desde o inicio do século XIX forman o maior grupo racial en xeral da Louisiana, viven maioritamente nas rexións sueste, central e no norte do estado, primariamente ao longo do vale do Río Mississippí. Os franceses habitan primariamente o sur, e os descendentes de ingleses nas rexións de maior altitude do norte.

O 91,2% da poboación da Louisiana posúe o inglés como idioma materno, e 4,8% (215 mil habitantes) posúen o francés. O español é o idioma materno do 2,5%.

Relixión
  • Protestantes: 60%
  • Igrexa católica romana: 30%
  • Outras relixións cristiás: 1%
  • Outras relixións: 1%
  • Non relixiosos: 10%

[editar] Principais cidades

New Orleans.
Agrandado
New Orleans.
Poboación > 10 000
(área urbanizada)
  • Alexandria
  • Hammond
  • New Ibería
  • Luling
  • Opelousas
  • Morgan City
  • West Monroe
  • Ruston
  • Thibodaux
  • Natchitoches
  • Plaquemine
  • Abbeville
  • Leesville
  • Bastrop
  • Crowley
  • Donaldsonville
  • Franklin
  • Bogalusa
  • Minden
  • Eunice
  • De Ridder
  • Tallulah
  • Jennings
Poboación > 100,000
(área urbanizada)
  • Baton Rouge
  • Shreveport
  • Lafayette
  • Lake Charles
  • Houma
  • Monroe
Poboación > 1 millón (área urbanizada)
  • New Orleans
Suburbios de New Orleans
  • Chalmette
  • Slidell
  • Harvey
  • Covington
  • Folson
  • Mandeville
  • Madisonville
  • Kenner
  • Laplace
  • Marrero
  • Hahnville
  • Metairie
  • Terrytown

[editar] Economía

Plataformas de extracción de petróleo e de gas natural. A extracción, refino, produción de derivados e a distribución destes produtos é unha das principais fontes de renda da Louisiana.
Agrandado
Plataformas de extracción de petróleo e de gas natural. A extracción, refino, produción de derivados e a distribución destes produtos é unha das principais fontes de renda da Louisiana.

A economía da Louisiana é unha das maiores e en máis rápido crecemento de todo os Estados Unidos da América. Varias empresas instaláronse no Estado por causa do clima da rexión e dos baixos impostos. O turismo e a agricultura, alén dun forte sector industrial, tornan a economía do estado forte e diversificada. En 2003, o produto interno bruto do Estado foi de 550 000 millóns de dólares, e a renda per capita, de 30 098 dólares.

O sector primario representa o 1,1% do PIB da Louisiana. A agricultura e a pecuaria representan o 1% do PIB do Estado, e empregan preto de 70 mil persoas. O Estado posúe preto de 29 mil facendas. Os principais produtos primarios do estado son cana de azucre, algodón, arrozs e soia. A industria madeireira e a pesca representan xuntas o 0,1% do PIB, e empregan preto de 2 mil persoas.

O sector secundario representa o 35% do PIB. O sector terciario responde por 64% do PIB.

[editar] Educación

As primeiras escolas da Louisiana foron fundadas por misioneiros franceses. A primeira escola foi fundada en 1725, e atendía soamente a nenos. Dous anos despois, un grupo de misioneiras fundaron unha escola para nenas, en 1727. Posteriormente, co crecemento populacional do estado, instaláronse escolas privadas. A primeira escola pública foi fundada en 1772.

En 1848, o goberno da Louisiana instituiu un sistema de escolas públicas ao longo do estado. Estas escolas, a partir de 1898, pasaron a recibir verbas do goberno da Louisiana (ata entón, era responsabilidade das parroquias a manutención dos servizos escolares da rexión). Actualmente, as regras e padróns do sistema educativo dítaos polo Consello de Educación Primaria e Secundaria da Louisiana. Actualmente, a responsabilidade de administración do sistema de escolas públicas é de cada parroquia. Outras catro cidades posúen sistemas educativos públicos - Baker, Bogalusa, Monroe e Zachary. No total, son 68 sistemas educativos públicos. Todos os nenos entre 7 a 18 anos deben asistir á escola.

A primeira biblioteca pública da Louisiana foi fundada en 1925. As actuais bibliotecas públicas do estado son todas administradas pola Biblioteca Estadal de Louisiana, que actualmente posúe bibliotecas en todos as parroquias do estado. A Louisiana posúe preto de 25 universidades e faculdades. O principal centro educativo do estado é New Orleans, que concentra preto de metade de todas as institucións de educación superior do estado. A maior institución de educación superior do estado é o Sistema de Universidades da Louisiana.

[editar] Transportes e telecomunicacións

A Louisiana é un grande pólo de transportes, especialmente un grande centro hidroviario. No total, son máis de 8 mil quilómetros de hidrovías, entre ríos naturalmente navegábeis e canais.

New Orleans está localizada nun punto estratéxico. A súa proximidade co Canal do Panamá, varias ferrovías conectando a cidade co resto do país, e a presenza do Golfo do México e do Río Misisisippi O Porto de New Orleans move preto de 132 millóns de toneladas de carga por ano. O porto de New Orleans compón a maior parte do Porto de South Louisiana. Esta última é o porto con máis tráfico do Hemisferio Occidental e o cuarto con máis tráfico do mundo. Cerca de 5 mil navíos vidos e indo para preto de 60 países diferentes atracan en New Orleans todo ano. Os principais produtos exportados son petróleo, cereais, carne e derivados de petróleo. Os principais produtos importados son produtos químicos en xeral, café e petróleo.

O aeroporto máis usado do Estado é o Aeroporto Internacional Louis Armstrong New Orleans, localizado a aproximadamente 15 quilómetros oeste de New Orleans, na cidade de Kenner. Este aeroporto atende a millóns de pasaxeiros anualmente, e preto de 300 voos sen escalas por día, de e para destinos ao longo do Estados Unidos, Canadá, América Latina e do Caribe. O aeroporto tamén move unha cantidade significante de voos charter (non-regulares) de e para a Europa. O aeroporto tamén serve como escala para varios voos da FedEx.

A Louisiana posúe preto de 100 mil quilómetros de estradas e autovíass, e preto de 25 mil quilómetros de ferrovías. A Amtrack fornece servizos ferroviarios de pasaxeiros. New Orleans é o principal pólo ferroviario e viario do Estado. A cidade é servida por 6 compañías ferroviarias de carga de grande porte: a Union Pacific e a Burlington Northern Santa Fe (cuxas ferrovías ven do oeste), a Norfolk Southern e a CSX, do leste, e a Canadian National e a Kansas City Southern, do norte.

San publicados actualmente na Louisiana preto de 120 xornais. Deles, preto de 20 son diarios e 100 son semanais. O Estado posúe preto de 35 emisoras de televisión e 240 emisoras de radio.

[editar] Ligazóns Externas

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:


Divisións políticas dos Estados Unidos
Estados Alabama | Alasca | Arizona | Arcansas | California | Carolina do Norte | Carolina do Sur | Colorado | Connecticut | Dacota do Norte | Dacota do Sur | Delaware | Florida | Hawai | Idaho | Illinois | Indiana | Iowa | Kansas | Kentucky | Luisiana | Maine | Mariland | Massachusetts | Michigan | Minnesota | Mississippi | Misuri | Montana | Nebrasca | Nevada | New Hampshire | Nova Jersey | Novo México | Nova York | Ohio | Oklahoma | Oregon | Pennsylvania | Rhode Island | Tennessee | Texas | Utah | Vermont | Virxinia | Washington | Virxinia Occidental | Wisconsin | Wyoming | Xeorxia
Distrito Federal Distrito de Columbia
Áreas insulares Samoa Americana | Illa Baker | Guam | Illa Howland | Illa Jarvis | Johnston Atoll | Kingman Reef | Atol de Midway | Illa Navassa | Illas Marianas do Norte | Atol Palmyra | Porto Rico | Illas Virxes Americanas | Illa Wake
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com