Liceo Marítimo de Bouzas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
O Liceo Marítimo de Bouzas é unha asociación privada cuxo obxecto é a promoción de toda clase de actividades desportivas e culturais, espécialmente a vela e a pesca deportivas. Está radicado no bairro vigués de Bouzas na Avda. Eduardo Cabello, nº8. Conta con unha rica e longa história en dito bairro da cidade. As primeiras notícias datan do ano 1907 no que se fundou o primeiro centro cultural de Bouzas que mais tarde se convertería no Liceo Artístico e Instrutivo que se instalou nunha antiga fábrica de salgazón en Barreras. No ano 1971 pasou a ocupar o edifício onde actualmente se asenta.
Na actualidade o Liceo Marítimo de Bouzas é un club náutico integrado por máis de 400 sócios de número e dispón de máis de 200 prazas de amarre. O LMB ten unha longa e intensa actividade na vela e na pesca deportiva. Organiza duas importantes regatas do calendário galego de vela de cruceiro: a Regata Vila de Bouzas e unha Regata de Solitários e a Dous. A regata Vila de Bouzas rinde tributo ao bairro onde se ubica o Liceo e acostuma realizar-se en datas próximas ás populares festas de Bouzas. A regata de Solitárias e a Dous está patrocinada pola empresa Aister e se trata dunha exixente proba con duas etapas. Unha etapa acostuma consistir nun percorrido custeiro dentro da Ria de Vigo e a outra nun percorrido mais longo o redor das illas Cíes e/ou Ons. Asimesmo, o Liceo Marítimo de Bouzas conta con escolas de vela (lixeira e de cruceiro) e pesca. Anualmente organiza un concurso de pesca de cefalópodos.