Intelectio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Primeirísima e necesaria etapa do proceso retórico de construción dun discurso, aínda que non é unha operación constituínte do mesmo, senón previa a el, de aí que este aspecto fose pouco tratado na tradición retórica. Nesta etapa o relator examina aquilo que desexa comunicar, o seu grao de verosimilitude, se o asunto é xeral ou concreto, se crea ou non controversia, etc.
As etapas da retórica para a construción do discurso son: Intelectio, inventio, dispositio e elocutio.