Holografía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Podemos decir que a holografía é unha técnica de formación de imaxes tridimensionais a partir dun soporte plano, que poden ser vistas sen necesidade de ningún accesorio para o observador, e onde este pode moverse ó redor do soporte vendo o obxecto, sen discontinuidades, dentro dun ángulo por onde se lle ofrecen todas as perspectivas.
A holografía foi oficialmente descrita en 1947 polo seu inventor, o húngaro Dennis Gabor, quen seguindo unha idea anterior chegou á solución dun problema interesante: tratábase de que, iluminando unha fenda con luz dunha cor única (luz verde dunha lámpara de mercurio) obténse unha figura de franxas que permite coñecer a forma e dimensións da fenda. Gabor, enxeñeiro eléctrico, recibiu o premio Nobel de Física en 1971.