Historia de Cuba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cuba foi unha das primeiras illas ocupadas polos conquistadores españois. A Illa, chamada polos nativos Bohío, foi visitada por Colón no seu primeiro viaxe o 24 de outubro de 1492, aínda que o almirante a consideraba terra continental pertenecente aos dominios do Gran Khan. Deuselle o nome de La Juana, nome da fíla dos Reis Católicos e o seu insularidade foi probada en 1509 por Sebastián de Ocampo.
O gobernador da Española, Diego Colón, encargou a Diego Velázquez de Cuéllar organizar unha expedición para conquistar e poboar Cuba en 1511, o que Velázquez realizou, sendo o seu primeiro gobernador.
Foi ocupada durante once meses por Inglaterra, de agosto de 1762 a xullo de 1763. No Tratado de París (1763), España obtén a devolución de Cuba.
Os colonizadores españois estableceron a cría de gado e a sementeira de cana de azucre e tabaco como os principais obxectivos económicos de Cuba. A medida que a poboación indíxena desaparecía, importabanse escravos africanos para traballar nos ranchos e plantacións. A escravitude foi abolida en 1886.
Cuba foi a última colonia española importante en lograr a independencia, tras unha loita de 30 anos que comezou en 1868. José Martí, o héroe nacional cubano, iniciou o pulo final para a independencia en 1895. En 1898, despois de que o USS Maine se afondara na Bahía de A Habana o 15 de febreiro, debido a unha explosión de orixe descoñecido, Estados Unidos entrou na guerra. En decembro do mesmo ano, España entregou o control de Cuba a Estados Unidos segundo o Tratado de París. O 20 de maio de 1902 Estados Unidos otorgoulle a Cuba a independencia, mais retivo o dereito de intervir para preservar a independencia e estabilidade de Cuba de acordo coa enmenda Platt. En 1934 a enmenda foi abolida e Estados Unidos e Cuba reafirmaron o acordo de 1903, segundo o cal se lle arrendaba a base naval da Bahía de Guantánamo a Estados Unidos.
Cuba independente foi gobernada, en numerosas ocasións, por figuras autoritarias políticas e militares que ás veces chegaban ao poder ou se mantiñan nel pola forza. En 1925 chega ao poder Gerardo Machado que iniciará unha política represora contra os políticos opositores e os movimentos sindicais. Fulgencio Batista, un sarxento do exército, organizou unha revolta de suboficiais en setembro de 1933 e exerceu un importante poder tras bastidores ata que foi elexido presidente en 1940. En 1944 non foi reelexido, e en 1948 non se postulou como candidato. Ambas eleccións gañaronnas figuras políticas civís que contaban co apoio das organizacións partidistas. En 1952, cando se presentou de novo ás eleccións presidenciais, Batista tomou o poder nun golpe de estado non violento, tres meses antes das eleccións. Ademáis, suspendeu a elección e comenzou a rexir por decreto. Moitas figuras e movimentos, que querían unha volta ao goberno baixo a Constitución de 1940, disputaron a autoridade non democrática de Batista. O 26 de xullo de 1953, Fidel Castro, quen fora activista político antes do golpe de Batista, liderou un ataque fallido contra o cuartel Moncada do exército en Santiago de Cuba. Castro foi ao cárcere e subseguintemente exiliouse a México. Desde alí, organizou o Movimento 26 de xullo co obxectivo de derrocar a Batista. O grupo partiu rumbo a Cuba no iate Granma, enribando á parte este da illa en decembro de 1956.
A autoridade dictatorial de Batista incentivou a crecente insatisfacción popular e o alzamento de moitos grupos activos de resistencia urbáns e rurais, o cal se presentaba como terreo político fértil para Castro e o seu Movimento 26 de xullo. Enfrentado a forzas militares en sí corruptas e inefectivas, desalentadas polo embargo estadounidense imposto á venta de armas a Cuba, xunto coa indignación e o rexeito público ante a brutalidade demostrada cos seus adversarios, Batista escapou da illa o 1 de xaneiro de 1959. Aínda que Castro prometera a volta á autoridade constitucional e eleccións democráticas, ademáis das reformas sociais, utilizou o seu control sobre as forzas militares para consolidar o seu poder reprimindo así a toda disidencia ás súas decisións, marxinando a outras figuras da resistencia e encarcerando ou executando a opoñentes. A medida que a revolución se fixo máis radical, centos de millares de cubanos abandonaron a illa.
Castro proclamou a Cuba estado socialista o 16 de abril de 1961. Durante os 30 anos seguintes, estableceu unha relación estreita coa Unión Sovética, ata que esta última desapareceu en 1991. A relación entre Estados Unidos e Cuba deteriorouse axiña a medida que o rexime cubano expropiaba propiedades estadounidenses e avanzaba para a adopción dun sistema comunista de partido único. En resposta a isto, Estados Unidos impuxo un embargo sobre Cuba en outubro de 1960 e, para responder ás provocacións de Castro, rompeu relacións diplomáticas o 3 de xaneiro de 1961. O 17 de abril dese ano se produce a invasión de Bahía de Cochinos por parte dun grupo de 1500 exiliados organizados pola CIA. A tensión entre os dous gobernos culminou co intento de invasión dun grupo de exiliados e coa crise dos misís en outubro de 1962.
A caída da Unión Sovética significou un duro golpe para a illa, fortemente subsidiada polos sovéticos, mais sorprendentemente Castro logrou manterse no poder, gracias a recibir algunhas divisas polo turismo e, nos últimos anos, co orzamento petroleiro do goberno venezolano de Hugo Chávez.