Historia de Bretaña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Prehistoria de Bretaña
[editar] Idade de Ferro
[editar] Dominio romano
[editar] Os comezos da Idade Media
[editar] Idade Media
[editar] A Bretaña da Idade Moderna
Despois de 1532, Bretaña retivo unha certa autonomía fiscal e lexislativa, defendida polos États de Bretagne a pesar do alza do absolutismo monárquico. Bretaña pernaneceu maioritariamente católica durante o período dos Hugonotes e as guerras de relixión, a pesar de que o protestantismo abriuse certo camiño en Nantes e nalgunhas poucas areas máis. Entre 1590 e 1598, durante a guerra da Liga Católica, Philippe-Emmanuel, Duque de Mercoeur (gobernador de Bretaña e marido da condesa de Penthièvre) tentou ser proclamado Duque de Bretaña e aliouse con Filipe II de España. Este último, por outra parte, considerou establecer á súa filla Isabel á testa dunha Bretaña reconstituída. Henrique IV de Francia, aínda así, levou a Mercoeur a unha rendición honorable.
Durante a era de Colbert, Bretaña beneficiouse da expansión naval francesa. Portos máis grandes foron construídos ou renovados en Saint-Malo, Brest, e An Orient, e os bretóns pasaron a constituir un dos compoñentes máis importantes da mariña francesa. Os bretóns xogaron un papel moi importante na colonización de Nova Francia e as Indias Orientais (véxase Colonización francesa de América).
En 1675, insurxentes na diócese de Cornouaille e doutros lugares erguéronse na Revolta dos Bonetes Vermellos. Os rebeldes, en contacto con Holanda, estiveronm agardando unha axuda que nunca chegou. Sébastian Ar Balp, o lider da rebelión, foi asasinado polo Marqués de Montgaillard, quen lle tiña prisioneiro. A rebelión foi aplastada polo Duque de Chaulnes, e centos de bretóns foron colgados ou destrozados na roda. Madame de Sévigné ergueuse dicindo que soldados franceses garnecidos en Rennes tiñan queimado vivo a un neno bretón nun espetón. Unha rúa enteira en Rennes, sospeitosa de sedicionista, foi demolida deixando ós seus habitanyes sen vivenda.
[editar] Tempos modernos
A Bretaña do século XIX adquiriu unha reputación dunha autarquía interminable, e os románticos desenvolveron unha imaxe do país como un bastiós do tradicionalismo agrario, dos festivais relixiosos, e de paisaxes salvaxes. Ó mesmo tempo, a vida dos bretóns foi sendo integrada co resto da de Francia, particularmente baixo a Terceira república francesa.
Bretaña ten tido os seus propios movementos rexionalistas e separatistas que teñen experimentado exitos variados en eleccións e outros acontecementos políticos. O nacionalismo bretón moderno desenvolveuse dende finais do século XIX a principios do XX. A maior parte deses movementos situábanse xunto ás correntes tradicionalistas católicas do momento. Despois de 1944, o nacionalismo bretón veuse parcialmente desacreditado pola colaboración de algúns nacionalistas importantes (como Roparz Hemon) cos Nazis, quen ocuparon Bretaña xunto coa maior parte do resto do Estado francés durante a segunda guerra mundial. Por outra banda, outros moitos nacionalistas bretóns tomaron parte na Resistencia. Bretaña xogou un papel particularmente importante na Resistencia grazas á súa proximidade con Gran Bretaña, a relativamente escabrosa paisaxe, e á presenza de importantes instalacións navais.
Cando Francia foi dividida en rexións administrativas, a rexión oficial de Bretaña incluíu tan só catro dos cinco departmentos tradicionalmente considerados territorio bretón. Este movemento do departamento de Loire-Atlantique, que contiña Nantes (unha das dúas capitais tradicionais de Bretaña) da rexión bretoa ten sido un motivo de moitas discusións e controversias.
Unha estación nuclear experimental foi construída en Brennilis nos Montes de Arrée durante os anos 60, ocasionando ata 1988 numerosas protestas. Estivo operativa uns dez anos, e dende ese ano está en proceso de desmantelación. Esta é a primeira vez que unha estación nuclear é desmantelada en Francia.
Dende os anos 60 no nacionalismo bretón tense desenvolvido algunhas faccións fortemente esquerdistas, xunto co decrecemento do tradicionalismo católico. Algúns grupos como o ARB, marxinais incluso nos círculos nacionalistas, apareceron nos xornais polo seu sabotaxe contra obxectivos altamente simbólicos.
En marzo de 1972, os traballadores da « Joint Français », unha factoría de Saint-Brieuc, erguéronse en folga reclamando un incremento dos salarios. A folga durou oito semanas.
Dende os anos 40, o uso do bretón ten disminuído precipitadamente. Na maioría das comunidades falantes de bretón, esta volvendose pouco común para os nenos nados dende 1945 adquirir un bó nivel na súa lingua mentres que o francés esta a ser universalizado legal e oficialmente. Por outra banda, o bretón ten discrutado un crecente apoio entre os profesionais e intelectuais dende os anos 70, e o relativamente pequeno movemento urbán Diwan ten tentado deter a perda de xóvenes falantes de bretón a través de escolas de inmersión bilingüe.
O 16 de marzo de 1978, o superpetrolero Amoco Cadiz encalou a uns centos de metros da ribeira do pequeno porto de Portsall, en Ploudalmézeau. O resultado foi o quinto vertido de petroleo máis grande da historia mundial que afectou severamente o norte e o noroeste de Bretaña.
Entre febreiro e marzo de 1980, a poboación de Plogoff manifestouse para evitar a construcción dunha pranta nuclear na súa comuna, a pesar dos soldados e helicópteros enviados polo goberno para impedilo. Recibiron un amplo apoio dos medios de comunicación. O proxecto da estación foi abandoado tralas eleccións presidenciais de 1981, que levaron a François Mitterrand ó poder.
[editar] Véxase tamén
- Literatura bretoa
- Bretaña (histórica)