Hamid Karzai - حامدکرزى
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hamid Karzai, (dari e pashtu: حامدکرزى) (nado en Kandahar o 24 de decembro de 1957). Presidente de Afganistán dende o 7 de decembro de 2004, o primeiro elixido democraticamente. Anteriormente fora presidente interino dende 2000.
De familia pashtu, en 1979 a súa familia instálase en Paquistán para fuxir da invasión soviética. Estuda na India,aínda que regresa a Paquistán para ensinar inglés.
Obtivo o 55'4% dos votos nas eleccións presidencias de 2004.