Guión radiofónico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Introdución
O guión, como o seu propio nome indica, é unha guía que ofrece os datos suficientes como para interpretar o seu contido. Algúns autores, a modo de de metáfora, compárano cunha partitura musical, pero esta comparanza ten un fallo: na partitura aparecen absolutamente todos os elementos que despois se representan, mentras que isto só acontece con algúns tipos de guión. For dun ou doutro tipo, a virtude máis valorada é que sexa flexíbel.
[editar] Elementos representados
No caso concreto do guión radiofónico, este representa dous elementos principais: o técnico e o literario. O primeiro abranxe os cortes de audio, as músicas, os efectos sonoros, as conexións telefónicas... ou sexa, todo aquilo que requerir dunha intervención técnica puntual. A segunda, pola contra, sería a intervención do locutor, o texto que el le. Por suposto, cada vez que o locutor fala é precisa unha acción técnica, xa que é o técnico de son quen lle habilita o micrófono e lle dá paso, pero isto non impide que se siga considerando a súa intervención dentro da parte literaria do guión.
Xeralmente a norma que axuda a diferenciar a parte literaria da técnica ten a ver co tempo. As intervencións en directo adoitan estar circunstritas ao guión literario, facéndose só a excepción das conexións en directo (con correspondentes, enviados especiais ou entrevistados) por vía telefónica. Todo canto estiver previamente editado (cortes, música, efectos, entervistas pregravadas...) considérase na parte técnica do guión radiofónico.
[editar] Tipos de guión segundo o formato
Segundo o seu formato (estética) poderíamos diferenciar o guión europeo e o guión americano. O primeiro utiliza dúas columnas, sendo que na esquerda figurarían os aspectos técnicos (control) e no dereito os literarios (locutorio). Pola súa parte, o guión americano é a unha soa columna, e intercala os aspectos técnicos cos literarios. Pola súa flexibilidade e axilidade, o guión americano é o máis utilizado en radio.
[editar] Tipos de guión segundo a finalidade
Segundo o a finalidade (ou sexa, atendendo a que necesidades temos) podemos diferenciar os seguintes:
- Escaleta: é un esquema sintético cos contidos do programa e cos cortes de audio (se houber). Por exemplo, unha escaleta de informativos podería ser a seguinte:
- titulares inicio
- noticia 1 / corte presidente / corte oposición
- noticia 2
- noticia 3 / corte entrevistado / corte representante / corte policía
- ...
- noticia 10
- entrevista 1 / conexión telefónica
- noticia 11 / música CD / corte cantante
- titulares final
- Pauta: moi parecido á escaleta. De feito, hai autores que a consideran sinónima da escaleta, se ben xeralmente acéptase que a pauta poida desglosar un pouco máis os contidos, introducindo algunhas anotacións sobre como se debe traballar un tema; incluír un breve cuestionario para a entrevista; ou pequenos apuntamentos de documentación.
- Completo: inclúe todas as anotacións técnicas e literarias do programa que se vai realizar.