Falsete
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A voz de falsete ou voz de cabeza é un timbre vocal especial, máis agudo que o timbre normal. Cando se produce, as cordas vocais non fican xuntas en toda a súa extensión, senón que se afastan na parte anterior, o que acurta a súa extensión vibrante e aumenta a frecuencia do son fundamental.