Explosión de La Coubre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O 4 de marzo de 1960 ás 3:10 p.m. o navío francés La Coubre, de 4.310 tons. que transportaba 76 toneladas de armamento procedente do porto belga de Antuerpen explosionou mentres estaba a ser descargado no porto da Habana. Descargar explosivos fóra de lugares reservados para iso ía contra a normativa vixente, a decisión de descargalo fóra desa zona aparentemente decidiuno Raúl Castro, o ministro do exército.
Che Guevara, que estaba dando un mitin nun edificio público, acudiu á zona e deu atención médica ós tripulantes do navío, a militares e os traballadores do peirao que resultaran feridos.
Trinta minutos despois da primeira explosión mentres se rescataba ás vítimas houbo unha segunda explosión, máis forte.
Aínda que non se deron datos oficiais, estímase en 75 os mortos e en 200 os feridos que provocou a explosión. O goberno cubano e outras fontes acusaron de cometer o atentado a William Alexander Morgan por orde da CIA.