Esmegma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O esmegma é un produto que se acumula no espazo balanoprepucial (entre o prepucio e o glande) nos varóns incircuncisos procedente do recambio celular do glande e a porción interna do prepucio xunto có sebo provinte das glándulas de Tyson. Xurde coma material blancuzco, untuoso e fedorento cando está en descomposición. Serve para protexer e lubricar o espazo prepucial. A sua presenza en varóns incircuncisos pode provocar irritación e inflamación do pene se non se limpia regularmente, denominada balanite.
Para limpalo só fai falla descubrir o glande e limpalo con auga e xabón durante a ducha ou outra forma de aseo.
Tamén aparece nas femias humanas, entre os labios vaxinais.
Según indicaban algúns estudos o esmegma podía conter substancias canceríxenas.