Edwin Arnold
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Edwin Arnold (Gravesend 1832-1904). Xornalista e escritor británico.
Formou parte da dirección do Daily Telegraph, e foi un dos que máis apoiou, cos propietarios do seu periódico e o New York Herald, a viaxe de Stanley a África para descubrir o curso do río Congo, en agradecemento Stanley deulle o seu nome a unha montaña. Arnold foi tamén o primeiro que tivo a idea dunha liña de ferrocarril que atravesase o continente africano e o primeiro en empregar a frase, en 1874, "Cape to Cairo railway" (Ferrocaril de Cidade do Cabo a Cairo), popularizada posteriormente por Cecil Rhodes.
A súa principal obra The Light of Asia (1879), unha epopea india, na que versifica a vida e ensinanzas de Buda, tivo un inmediato éxito en Gran Bretaña e os Estados Unidos.