Domingo Saavedra Sánchez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Domingo Saavedra Sánchez (Carballo, Friol, 11 de febreiro de 1887 - Sarria, 20 de outubro de 1970) foi un mestre nas escolas públicas de Sarria e fillo predilecto desta vila.
Exerceu preto de 40 anos a función docente, e non só atendeu as obrigas propias da escola que rexentaba, senón que, a falta de centros de estudos secundarios, impartiu clases preparatorias para bacharelato, maxisterio, comercio, oposicións, etc., nun labor que alcanzou a varias xeracións de sarriaos. Moi integrado na vida cultural e social da vila foi cabeza dunha ampla familia. Recibiu a medalla de Afonso X O Sabio e, facéndose eco do seu labor, o Concello nomeouno Fillo Adoptivo e Predilecto. Ten unha rúa abicada na Zona Escolar.