Docetismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O docetismo é unha doutrina herética aparecida a finais do século I no seo da Igrexa Católica. Afirmaba que Xesucristo tivera unha imaxe aparente e polo tanto non corpórea ou real. A xustificación era que a materia é algo intrinsecamente malo, polo que Xesucristo somentes podía ter un corpo aparente. Esta doutrina polo tanto é contraria á Reencarnación e á Resurección de Cristo.
Parte da herexía dos cátaros era docética. Esta herexía rematou coa Cruzada Albinxense.
O Corán afirma que a crucifixion de Xesús só foi un espellismo.