Curití, Santander, Colombia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Curití é un dos 87 concellos que conforman o departamento de Santander (Colombia). Conta con 9.095 habitantes. O seu nome evoca o cacique guane que mandaba na zona cando chegou a ela o adiantado Martín Galeano en 1540.
A vila de Curití queda a poucos quilómetros na estrada central que de San Gil conduce a Bucaramanga.