Axente laranxa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O axente laranxa era unha mestura de herbicidas usada polos militares dos EEUU na guerra de Vietnam entre xaneiro de 1965 e abril de 1970 como defoliante para impedir que as tropas do Vietcong se ocultaran na espesura da selva e facer visibles as súas liñas de aprovisionamento. Era unha mestura de 2,4,5-T, 2,4-D e picloram. Debido á alta contaminación por dioxinas, (2,3,7,8-tetraclorodibenco-p-dioxina ou TCDD), no compoñente 2,4,5-T (presente nos lotes desta sustancia proporcionados por un dos seus fabricantes, debido ó proceso de produción que este fabricante empregaba), culpóuselle de serias enfermidades que apareceron en moitos soldados e na poboación local . O nome de axente laranxa provén da banda de color laranxa usada polo exército nas barricas que contiñan o produto. Hai que indicar que había outras mesturas de auxinas sintéticas na guerra de Vietnam, en envases que foron coñecidos polas súas cores, tales como axente púrpura ou o axente rosa.