ANPA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Asociación de Nais e Pais de Alumnos. Asociacións que forman os pais e nais dos alumnos e alumnas dun mesmo centro educativo (xeralmente colexios, aínda que tamén algúns institutos). Estas asociacións adoitan organizar actividades extraescolares e participar nas decisións escolares mediante os representantes no Consello Escolar.