Aldabra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aldabra é un atol de coral no Océano Índico, pertence ao distrito de Outer Islands, en Seychelles, sen poboación permanente conserva unha fauna distintiva, incluíndo a súa propia especie de tartaruga xigante, das cales arredor de 152.000 viven en Alddabra.
O atol é o segundo máis grande do mundo (logo de Kiritimati). Ten 34 km de longo e 14.5 km de largo, elevándose 8 metros sobre o nivel do mar, estendéndose sobre 155 km². Consiste nun anel de catro illas: Grand Terre (116.1 km²), Malabar, (26.8 km²), Polymnie (4.75 km²) e Picard (9.4 km²) con algunhas outras pequenas dentro da lagoa, como a Ile aux Cendres, Ile Michel, Ile Esprit, Ile Moustiques, Ilot Parc, Ilot Emile, Ilot Yangue, Ilot Dubois, Ilot Magnan, Ile Lanier. O asentamento abandonado de Picard no suroeste da illa do mesmo nome é agora empregado pola garda forestal.
O atol de Aldabra forma parte do coñecido como Grupo de Aldara coas illas de Astove, Assumption, e o atolón de Cosmoledo.