Ablativo absoluto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En latín, chámaselle ablativo absoluto a unha frase nominal feita no ablativo e que indica o momento, condición ou circunstancias da acción que se descrebe na oración principal. Utilízase en moitas ocasións en que en galego se precisa dunha subordinada e a extrañeza desta construción ten provocado moitos dores de cabeza a xeracións de estudantes.
O ablativo absoluto é gramaticalmente independente do resto da oración. Normalmente combina un substantivo ou un pronome cun adxectivo. O suxeito vai no ablativo; o predicado pode ser:
- verbal: é un participio no ablativo:
- me nolente, "contra a miña vontade" (literalmente, "non desexando eu")
- nominal: é un substantivo no ablativo:
- Caesare duce, "baixo o mando de César" (literalmente, "sendo César o comandante").