Industria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
-
- 1.- Transformación de materias primas en productos elaborados. Por extensión, conxunto de instalacións nas que se realizan ditas transformacións.
-
-
- Se ben a actividade industrial así definida pode facerse extensiva ó que comunmente se denomina artesanía, a diferencia fundamental entre ambas estriba principalmente en que mentres o artesán realiza por si mesmo todas as operacións necesarias para obter o producto final, a industria caracterízase pola súa especialización, de modo que as diferentes etapas do proceso son realizadas por diferentes traballadores, ou incluso empresas.
-
-
-
- Para que o sistema así concebido funcione correctamente é necesaria a intercambiabilidade, é dicir, os productos obtidos en cada etapa deben cumplir unha serie de requisitos que permitan o seu uso como materia prima na etapa seguinte.
-
-
-
- En efecto, mentres o artesán realiza creacións únicas na súa especie, a industria adícase a clonar indefinidamente un determinado producto. A recente introducción da robótica e a fabricación flexible na industria, pretende rematar con esta disxuntiva, tendéndose actualmente cara á fabricación de productos á carta, de modo que o consumidor se figure que adquiriu un producto exclusivo.
-
-
- 2.- Conxunto de actividades económicas clasificadas no Sector Secundario.
Ver tamén:
Categorías: Industria | Enerxía | Economía | Transporte