Zurro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sinónimos: xurro, esterco, purín.
Producto líquido constituído por unha mestura de dexeccións sólidas e líquidas, e mais polos restos de palla e de productos de alimentación animal, en cantidades variables, xeralmente cun contido de auga superior ó 85% en peso.
A almacenaxe de zurro en depósitos non axeitados, o seu uso como fertilizante en épocas inadecuadas, dadas as características físico-químicas do solo en cada estación, ou o vertido directo ós cursos fluviais e á rede pública poden provoca-la contaminación das augas superficiais e subterráneas.