William Jefferson Clinton
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
William Jefferson Clinton, máis coñecido como Bill Clinton, foi presidente dos Estados Unidos de 1993 a 2001.
Naceu en Hope, Arcansas, o 19 de agosto de 1946. Foi gobernador de Arcansas entre 1978 e 1992. Tras gañar a George H. W. Bush as eleccións co lema "It's the economy, stupid!", logrou frea-la caída do emprego e durante o seu mandato acadou o equilibrio orzamental. Cun vicepresidente ecoloxista (Al Gore), impulsou o proxecto do Protocolo de Kioto. Tentou facer unha política socialdemócrata nun país marcadamente liberal, así, non convenceu á Cámara de Representantes para a reforma da educación.
No seu mandato a economía medrou no país e as relacións diplomáticas melloraron. En 1999 liderou un ataque da OTAN contra o exército serbio en Kosovo sen o beneplácito da ONU. A súa presidenza rematou marcada polos seus escarceos sexuais cunha becaria da Casa Branca.
Presidente dos Estados Unidos | ||
---|---|---|
Segue a: George Herbert Walker Bush |
William Jefferson Clinton (1993-2001) |
Precede a: George Walker Bush |
Partido Demócrata (Estados Unidos) |