Polígono
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Figura plana limitada por unha liña poligonal pechada sen interseccións entre os segmentos que a forman (exceptuando vértices extremos). O polígono será regular se tódolos lados teñen a mesma lonxitude e tódolos ángulos internos son iguais, e será irregular noutro caso. Os polígonos teñen o mesmo número de lados que de ángulos (por omisión, ó falar de ángulos dun polígono soemos referirnos só ós ángulos internos, referencia asumida na afirmación anterior).
En función do número de lados (e ángulos) dun polígono, éste pode ser un triángulo (se ten 3), cadrilátero (4), pentágono (5), hexágono (6), heptágono (7), octógono (8),...
O cálculo da área dun polígono irregular pódese facer dividíndoo en polígonos menores (habitualmente triángulos), sendo a superficie total a suma das áreas de todos eles. Se o polígono é regular, este cálculo é , sendo p o seu perímetro (igual ó número de lados pola lonxitude dun deles) e a o apotema.