Michel Platini
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Michel Platini | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Michel Platini | ||
Alcume: | Platoche | ||
Data de nacemento: | 21 de xuño de 1955 | ||
Lugar de nacemento: | Jœuf, Francia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | |||
Posición: | Mediocampista | ||
Altura: | 1.79 metros | ||
Partidos internacionais: | 72 | ||
Goles: | 41 | ||
Ano do debut: | 1972 | ||
Clube do debut: | Nancy | ||
Ano do retiro: | 1987 | ||
Clube do retiro: | Juventus de Turín |
É un dos xogadores con máis clase e visión do xogo que deu o fútbol. Michel Platini foi un mediapunta cunha enorme capacidade goleadora, e sobre todo un auténtico especialista no lanzamento de faltas a balón parado. Está considerado como o mellor xogador francés de tódolos tempos.
O seu palmarés:
- 1 Copa de Europa
- 1 Recopa de Europa
- 2 Ligas italianas
- 1 Liga francesa
- 1 Copa de Italia
- 1 Copa de Francia
- 1 Copa Intercontinental
- 1 Eurocopa no 1984 coa selección francesa
- 3 Balóns de Ouro 1983,1984 e 1985