Duna
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En xeografía física, duna é unha montaña de area creada a partir de procesos eólicos (relacionados co vento). As dunas descobertas están suxeitas a movementos e mudanzas de tamaño, pola acción do vento. O val entre as dunas chámase slack.
Hai varias clases de dunas:
- seif: duna lonxitudinal
- erg (mar de area): extensas dunas de area. Son especialmente visíbeis no deserto do Sahara