Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pan (alimento) - Wikipedia

Pan (alimento)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Amasando o pan manualmente
Agrandado
Amasando o pan manualmente
Un tipo de pan
Agrandado
Un tipo de pan

O pan é un alimento básico elaborado con fariña, lévedo ou "masa nai" e auga; en ocasións engádense outros produtos para conferirlle determinadas cualidades, como especias, froitos secos, froitas confitadas, etc.

A fariña máis habitual é a de trigo, pero tamén se elabora coa doutros cereais, como o centeo, cebada ou, millo (a "broa") e mesmo outros produtos, como o arroz, a pataca e a soia.

O pan pode ser de lévedo ou ácimo. Co lévedo a masa aumenta de volume e faise lixeira e porosa. O pan ácimo non leva lévedo, só fariña e líquido e é máis consistente; pode ser cocido no forno ou asado nunha chapa ou mesmo frito.

[editar] Historia

Foi o alimento básico da humanidade desde a Prehistoria. Probablemente, os primeiros pans estarían feitos con fariñas de landras. Os arqueólogos desenterraron fragmentos de pan ácimo nas excavacións de poboados preto dos lagos suizos. Sábese que os exipcios elaboraban pan dende moi antigo e crese que descubriron a fermentación por casualidade. En Roma, na República xa había fornos públicos. Na Idade Media comezan a elaborarse distintos tipos de pan, e, como consecuencia, comeza o seu comercio.

O pan branco, feito con fariña refinada, era un privilexio dos ricos, e o pan negro era para o resto da poboación. Facíase á man, no propio fogar, ou nos fornos públicos. No século XIX comezaronn a empregarse algunhas máquinas.

No século XX a axuda de máquinas é total: amasadoras, fornos automáticos, transportadoras, enfriadoras, cortadoras, e ata máquinas para envolver. A finais deste século popularizáronse os pans integrais ou negros.

[editar] O pan en Galiza

Dous carros tradicionais galegos na eira xunto as medas do pan para mallar.
Agrandado
Dous carros tradicionais galegos na eira xunto as medas do pan para mallar.

En Galiza, a importancia do pan é capital desde hai séculos, sendo unha grande base de alimentación para a poboación. O xeito tradicional de elaboración do pan é con fermento, o que fai que haxa que gardar un chisco de fermento para a elaboración da seguinte quenda de pan.

Os estilos son variados: dende o pan de bola, pasando polo tradicional molete -o cal adoita ter unha especie de 'moño' na zona central da parte superior-, ata o pan de broa, o pan centeo, ou o pan co que se fan as empanadas.

Tal será a importancia do pan na Galiza, que un dito moi popular na Galiza (aínda que non só) é o de: "Máis longo que un día sen pan". Este refrán expón a consideración popular do pan como base na alimentación.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com