Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Guepardo - Wikipedia

Guepardo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Guepardo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: Acinonyx
Nome científico
Acinonyx jubatus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O Guepardo, tamén coñecido por chita, leopardo-cazador ou onza africana (Acinoyx jubatus) é un animal da familia dos Felinos (Felidae), ainda que de comportamento atípico, se é comparado con outros da mesma familia. Tendo como hábitat a sabana, vive en África, na península arábica e no sudoeste da Asia. Efectivamente, como animal predador que é, prefere cazar as súas presas através de persecucións a alta velocidade, en vez de tácticas como a caza por emboscada ou en grupo. É o mais rápido de todos os animais terrestres, conseguindo atinxir velocidades acima dos 110 km/h (70 millas por hora), por curtos períodos de cada vez (cerca de 370 metros).

O corpo do guepardo é esbelto e musculoso, aínda que de aparencia delgada e constitución aparentemente fráxil. Ten unha caixa torácica de grande capacidade e un abdome retraído. Ten unha cabeza pequena, un fociño curto, ollos posicionados na parte superior da face, narinas largas e orellas pequenas e arredondadas. O seu pelo é amarelado, salpicado de puntos negros arredondados e formando dúas liñas negras, a cada lado do fociño, que descen dos ollos até a boca, formando o traxecto de lágrimas. Un animal adulto pode pesar entre 28 a 65 kg. O comprimento total do corpo varía de 112 a 150 cm. O comprimento do rabo, usado para equilibrar o corpo do animal durante a carreira, pode variar entre 60 e 84 cm.

O nome do xénero biolóxico, Acinonyx, significa "garras inmóbeis", xa que é o único felino que non consegue retraer por completo as súas garras, que permanecen visíbeis mesmo cando están recollidas ao máximo, sendo usadas para permitir unha maior adherencia ao solo mentres corre, acelera e manobra no terreo. O nome da especie, "jubatus", significa "con crina" e referese ás crinas que as crías da chita apresentan.

A palabra "chita", de son semellante á palabra inglesa "cheetah" deriva da lingua hindi "chiita", a cal talvez derive do sánscrito "chitraka", que significa "a salpicada de manchas". Outras linguas europeas relevantes usan variantes do latín medieval "gatus pardus", ou sexa, "gato-leopardo": en francés, guépard; em italiano ghepardo; en español (e tamén en portugués e galego), guepardo; e en alemán Gepard.

Índice

[editar] Reprodución e vida social

Os machos atinxen a maturidade sexual a partir dos dous anos e medio ou tres anos. A fémea, un pouco máis precoz (dous anos) pode xerar de unha a cinco crías, despois dunha xestación de 90 a 95 días. As crías poden pesar entre 150 e 300 gramos cando nacen. O desmame ocorre cerca dos seis meses após o parto e, entre os 13 e 20 meses, abandonan a protección da mai para pasaren a ter unha vida independente. Ao contrario doutros felinos, as fémeas non teñen un verdadeiro territorio propio e demarcado, parecendo evitar a presenza das outras. Os machos poden, eventualmente, xuntarse en grupos, especialmente se naceron na mesma niñada.

A chita pode vivir de quince a vinte anos.

[editar] Alimentación

A chita é carnívora. Aliméntase, esencialmente de mamíferos abaixo dos 40 kg, incluindo gacelas, antílopes, cebras, impalas, cachorros de gnu, lebres e aves. A presa é perseguida, silenciosa e vagarosamente, nun espazo que varía, en termos xerais, de dez a trinta metros, até ser atacada por sorpresa. A persecución dura xeralmente menos de un minuto e se a chita falla unha captura rápida, desiste, coa intención de non gastar enerxía innecesariamente. Menos de metade destes ataques teñen éxito (algúns autores estiman un 10% de éxito.

[editar] Hábitat

Encóntranse guepardos, no estado selvaxe só en África, aínda que no pasado se distribuísem até ao norte da India e ao planalto iraniano, onde eran domesticadas e usadas na caza do antílope, de forma semellante ao que se fai actualmente cos galgos (especialmente da raza greyhound).

As chitas preferen habitar biótopos caracterizados polos espazos abertos, como semi-desertos e pradarías (sabana).

Teñen unha variabilidade xenética xeralmente baixa, alén dunha contaxe de esperma anormalmente alta. Pénsase que foron obrigados a un período prolongado de procreación consanguínea despois de pasaren por un evento populacional designado por efecto gargalo de garrafa xenético. Terán evoluído en África durante a época Miocena (desde hai 26 millóns a 7,5 millóns anos atrás), antes de migraren para a Asia. Especies extintas actualmente incluían a Acinonyx pardinensis (da época Pliocena), moito maior que o guepardo actual, encontrado na Europa, India e China; a Acinonyx intermedius (Pleistoceno medio), coa mesma distribución xeográfica; a Miracinonyx inexpectatus, Miracinonyx studeri, e a Miracinonyx trumani (ao longo de todo o Pleistoceno), cuxos fóseis foron encontrados na América do Norte.

[editar] Importancia económica

A pel da chita foi, durante moito tempo, considerada un símbolo de estatuto social. No Exipto antigo era frecuente a sua utilizacion como animal de estima. Hoxe teñen unha importancia económica crecente debido ao ecoturismo, alén de se encontraren varios exemplares distruídos por xardíns zoolóxicos por todo o mundo. Como son muito menos agresivos que outros felinos de grande porte, as crías son facilmente vendidas como animais de estima. Este comercio é ilegal, xa que a propiedade privada de animais selvaxes ou especies ameazadas de extinción está prohibida por convencións internacionais.

Os guepardos foron perseguidos e cazados durante muito tempo polos agricultores e pastores que os acusabam de rapina dos rebaños. Cando a especie comezou a ficar ameazada de extinción, promovéronse varias campañas coa intención de informar e educar ambientalmente os facendeiros, incentivándoos a protexer este animal.

[editar] Estado de conservación

As crías da chita sofren de elevados índices de mortalidade debido a factores xenéticos e á predación por parte de carnívoros que compiten con esta especie, como o leñon e a hiena. Algúns biólogos defenden a teoría de que, como resultado da procreación consanguínea, o futuro da especie está comprometido.

Os guepardos están incluídos na lista de especies vulnerábeis da IUCN (Unión Internacional pola Conservación da Natureza), como subespecie africana ameazada e subespecie asiática en situación crítica. É considerada unha especie ameazada de extinción no Apêndice I da CITES (Convención sobre o comercio internacional das especies da fauna e da flora selvaxe ameazadas de extinción).

[editar] As chitas na arte e na literatura

  • Na obra de Ticiano Baco Ariadne (1523) a carruaxe dodeus é puxada por unha parella de chitas (usadas como animais de caza na Italia renacentista).
  • No cadro de George Stubbs, “Guepardo con dous servos indianos e un veado” (Cheetah with Two Indian Attendants and a Stag) (1764-1765) é mostrada a chita como animal de caza. O cadro foi feito en conmemoración da doazón dunha chita a Xorxe III do Reino Unido polo Gobernador Inglés de Madras, Sir George Pigot.
  • En “A caricia” (1896), do pintor simbolista belga Fernand Khnopff (1858-1921), é representado o mito de Edipo e da Esfinxe, representada por unha criatura con cabeza de muller e corpo de chita (muitas veces, erroneamente identificada como un leopardo).
  • A utilización dos guepardos como animais de estima exóticos é representada, por exemplo, nunha peza de escultura art déco de cerca de 1925, da Wiener Werkstätte (oficina de Viena).
  • O libro de André Mercier, Our Friend Yambo (1961) é unha curiosa biografía dun guepardo adoptado por un casal francés que a trae para París. Este libro foi, con certeza influenciado polo éxito do libro “Born Free” (que deu orixe ao filme que en Portugal recebiu o nome de “Unha leoa chamada Elsa”), de Joy Adamson que tamén escribiu a “autobiografía” de un guepardo en The Spotted Sphinx (1969).

[editar] Ver tamén

  • Extinción

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com