Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
George Walker Bush - Wikipedia

George Walker Bush

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

George Walker Bush
Nome completo: George Walker Bush
Data de nacemento: 6 de xullo de 1946
Lugar de nacemento: Connecticut, Estados Unidos
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Partido político: Partido Republicano
Cargo(s): Gobernador de Texas (1994 - 2001)
Presidente dos Estados Unidos de América (2001 - actualidade)
Profesión: Político

George Walker Bush, 43º presidente dos Estados Unidos dende 2001. É o presidente da guerra contra o terrorismo dende os atentados do 11 de setembro de 2001. Promoveu a invasión de Afganistán en busca do terrorista Osama bin Laden en outubro de 2001, e a invasión de Iraq para desarmar a Saddam Hussein. De perfil baixo, obtivo cos atentados terroristas a excusa perfecta para elevar a súa popularidade. Presidente que levanta paixóns en grande parte do electorado conservador noteamericano e provoca manifestacións na súa contra tamén no resto do mundo, sobre todo en Europa a raíz da súa política exterior considerada hostil e mesmo criminal por parte da opinión pública europea segundo reflicten diversas enquisas publicadas.

Está casado con Laura Welch Bush e é pai de dúas xemelgas.

Índice

[editar] Vida antes da presidencia

[editar] Familia

George W. Bush naceu o 6 de xullo de 1946 en New Haven, Connecticut. É o primoxénito do presidente dos Estados Unidos George H. W. Bush e a súa muller Barbara Bush. Cando tiña dous anos, a súa familia mudouse a Texas, onde viviron dende entón.

[editar] Estudos

Estudou na Universidade de Yale e recibiu un título de Historia en 1968. En maio dese mesmo ano, e en plena Guerra de Vietnam, formou parte do Exército do Aire ata que en 1974 obtivo un permiso para abandona-lo Exército seis meses antes do debido co fin de estudar en Harvard.

Despois de graduarse en negocios, Bush volveu a Texas e casou con Laura Welch, coa que tivo dúas xemelgas en 1981. Isto convérteo no único presidente dos EEUU da historia con xemelgos.

[editar] Controversias respecto ó seu pasado

O pasado de George Bush foi obxecto de críticas durante as campañas electorais de 2000 e 2004. Por un lado, houbo investigacións relativas ó seu pasado militar; por outro, consumiu durante a súa xuventude tanto alcol coma drogas -aínda que afirma ter pasado a unha vida sobria dende que cumpliu corenta anos.

[editar] A súa carreira política

En 1978, Bush intentou ser candidato do Partido Demócrata dentro do distrito 19 de Texas, pero perdeu por unha estreita marxe de votos as primarias.

En 1994, sendo xa o seu pai presidente dos Estados Unidos, Bush gañou as eleccións para Gobernador de Texas, ó tempo que o seu irmán se convertía en Gobernador de Florida. Isto foi o primeiro paso na súa carreira á presidencia.

[editar] Vida como Presidente dos EUA

[editar] Campaña electoral de 2000

Foi no ano 2000 cando Bush decidiu que era o momento adecuado para convertirse no candidato republicano á presidencia dos Estados Unidos. Aínda antes de presentarse, xa era o favorito en tódalas enquisas. Bush centrou a súa campaña na baixada de impostos, a posibilidade de selección de centros educativos por parte dos pais (de pago), a potenciación da extracción de petróleo en Alaska e a reforma das Forzas Armadas.

Bush perdeu as eleccións primarias en New Hampshire (contra John McCain, de Arizona), pero acabou gañando na maioría dos estados. Escolleu como home forte a Dick Cheney e iniciou unha intensa campaña.

O 7 de novembro do ano 2000, o día das eleccións, pensouse nun principio que os votos do estado de Florida irían para o Partido Demócrata co seu candidato Al Gore. Logo, as televisións anunciaron que ese estado correspondía a Bush. En último lugar, afirmaron que non había diferencia dabondo para confirmar a victoria de ningún candidato. Iniciouse así unha importante polémica. Houbo queixas por parte dos dous partidos: as papeletas eran confusas, as máquinas de votar non funcionaban ben, os votos dos residentes no exterior daban problemas e moitos votantes non puideron exerce-lo seu dereito porque llo prohibiron de forma irregular.

Para intentar solucionar estes problemas, tódolos votos do estado de Florida se fixeron pasar por unha máquina de reconto, que deu como gañador a Bush. Pero aquí non rematou todo, porque varios condados onde a marxe era moi estreita tiveron que volver facer un reconto manual. O 9 de decembro a xustiza estadounidense paralizou este reconto e deu por válidos os resultados da máquina de reconto, co que Bush se convertiu no gañador no Estado de Florida, e tamén no conxunto do país.

[editar] Primeira lexislatura

A primeira lexislatura de George W. Bush como presidente dos Estados Unidos empezou o 20 de xaneiro de 2001 e rematou o mesmo día do ano 2005.

Os primeiros oito meses deste período transcorreron de forma normal. Bush tiña unha maioría exigua, polo que non puido levar a cabo moitas das leis que tiña planeadas, pero o seu apoio popular oscilaba entre o 50% e o 60%.

Sen embargo, o 11 de setembro de 2001 tivo lugar un atentando contra as Torres Xemelgas e o Pentágono. Isto fixo dar un importante xiro á política exterior estadounidense. Ese mesmo día, o Presidente declarou unha guerra contra o terrorismo; a súa taxa de aprobación ascendeu ata o 90%.

Os efectos desta política non se fixeron esperar. O 8 de outubro de 2001, Bush creou a Office of Homeland Security (Oficina da Seguridade Nacional). Unha das principais funcións deste organismo é fixa-lo nivel de alerta nos Estados Unidos (verde-azul-amarelo-laranxa-vermello).

Neste mesmo mes, Bush decidiu invadir Afganistán, país gobernado polo réxime talibán que, segundo el, daba refuxio a terroristas coma Osama bin Laden. Nesta operación, foi axudado pola meirande parte dos países occidentais e a OTAN. Como resultado desta operación militar, os talibáns foron depostos, pero Osama bin Laden non foi atopado e na actualidade segue desaparecido.

En 2002, Bush propuxo por primeira vez a idea do Eixe do Mal, un grupo de países que supuñan unha ameaza para a paz mundial, nos que se incluían Iraq, Corea do Norte e Irán. Pouco despois, a súa administración anunciou que os investigadores descubriran armas de destrucción masiva en territorio iraquí. Sadam Hussein, presidente iraquí, foi descrito coma unha ameaza para o mundo mentres seguise mantendo o seu cargo.

En 2003, unha coalición formada por tropas dos Estados Unidos, o Reino Unido e un pequeno grupo de países (entre eles España e Polonia), invadiu Iraq dentro da operación Liberdade para Iraq. Esta invasión supuxo un grave conflito internacional, dado que non había ningún tipo de resolución das Nacións Unidas que apoiase a existencia de armas de destrucción masiva e, polo tanto, unha posible invasión.

O 2 de maio de 2003, Bush anunciou o fin da guerra propiamente dita en Iraq. Isto non era verdaderamente certo: moitas das tropas da coalición seguían loitando (e seguen) dentro do país. As "armas de destrucción masiva" que Bush situaba antes e durante a guerra en territorio iraquí aínda non foron atopadas.

A captura de Sadam Husein o 13 de decembro de 2003 foi un dos poucos éxitos da intervención armada. Na actualidade, está sendo xulgado.

Cos problemas derivados da guerra en Iraq, a aprobación pública de Bush era só do 46% en maio de 2003, e a reelección facíase complicada.

[editar] Campaña electoral de 2004

Malia todo isto, na campaña de 2004 George Bush deu mostras de ser un político moi hábil. Na súa loita contra John Kerry, centrou a súa campaña en demostrar que el era capaz de loitar contra o terrorismo e defende-lo país.

O 2 de novembro de 2004 tiñan lugar as eleccións, pero non foi ata o día seguinte cando se souberon os resultados, xa que voltou a haber problemas nas votacións, esta vez en Ohio. John Kerry recoñeceu a súa derrota e non houbo tantas investigacións coma houbera en Florida en 2000.

Bush recibiu 286 votos (de 31 estados, fundamentalmente do centro e do sur) e Kerry 251 (dos outros 29 estados, os situados no nordés, no norte e no occidente americano).

[editar] Segunda lexislatura

A segunda lexislatura de George Bush comezou o 20 de xaneiro de 2005 e vai rematar o mesmo día de 2009, cando o novo presidente -que el non poderá ser, segundo a lexislacion americana- xure o seu cargo.

Os obxectivos que marcou para este período son:

  • A reforma do sistema fisca.
  • A reforma da lexislación sobre os médicos.
  • A reforma da seguridade social.
  • A concesión da cidadanía ós inmigrantes ilegais que xa están no país.
  • Continua-la ocupación de Iraq
  • Levar a cabo a guerra contra o terrorismo.
  • A mellora da educación pública.
  • Programas a favor da educación universitaria dos máis pobres.

A semiprivatización da Seguridade Social que pretendía Bush foi unha das materias máis candentes dentro do inicio da lexislatura, e a viaxe a Europa que realizou un importante xesto de reparación de relacións tralo conflito diplomático que supuxo a Guerra de Iraq.

A guerra en Iraq seguiu e segue a ser un asunto importante, que fixo que a valoración política de Bush dentro dos americanos -malia a morte de Abu Musab al-Zarqawi- se situase baixo mínimos.

O debate sobre quen será o seu sucesor segue aberto.

Presidente dos Estados Unidos

Segue a:
Bill Clinton
George Walker Bush
(2001-2009)

Precede a:
Eleccións presidenciais de 2008
Partido Republicano (Estados Unidos)
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com