Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Dióxido de carbono - Wikipedia

Dióxido de carbono

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Dióxido de carbono
Fórmula estrutural
Modelo estrutural do dióxido de carbono
Xeral
Nome IUPAC Dióxido de carbono
Nomes comuns Anhídrido carbónico
Gas carbónico
Xelo seco (cando en estado sólido)
Fórmula química CO2
Aparencia gas incoloro
Número CAS 124-38-9
Físicas
Masa molecular 44,0 um
Ponto de fusión 216 K (-57 °C) (presurizado)
Ponto de ebulición sublima a 195 K (-78 °C)
Densidade 1,6 ×103 kg/m3 (sólido)
1,98 kg/m3 (gas a 298 K)
Solubilidade 0,145 g/100ml de auga
Termoquímica
ΔfH0gas -393,52 kJ/mol
ΔfH0sólido  ? kJ/mol
S0gas 213,79 X·mol-1·K-1
S0sólido  ? X·mol-1·K-1
Seguranza
Frases de Risco e Seguranza R: -
S:9, 23
Inxestión Pode causar náusea, vomitos, hemoraxía gastro-intestinal.
Inalación Asfixia (sufocamento), causa hiperventilación.
Pel O xelo seco pode ocasionar ulceracións.
Ollos Pode levar a cegueira.
Máis informacións Hazardous Chemical Database
Unidades do SI son usadas cando posíbel. Salvo cando se especifica o contrario, son considerados condicións normais de temperatura e presión.

O dióxido de carbono, ou anhídrido carbónico é un composto químico constituído por dous átomos de oxíxeno e un átomo de carbono. A representación química é CO2. O dióxido de carbono foi descoberto polo escocés Joseph Black en 1754.

É un gas incoloro, inodoro e insípido, de fórmula CO2, que se produce pola oxidación completa do carbono nos procesos biolóxicos e industriais ou como consecuencia dos incendios forestais, por poñer dous exemplos a parte da expiración humana. É un composto covalente.

Debido á utilización, cada vez maior, dos combustibles fósiles e á proliferación dos incendios forestais, a porcentaxe de dióxido de carbono na atmosfera está aumentando progresivamente desde o inicio da revolución industrial (a mediados do século XVIII era do 0,0289%, a mediados do século XX do 0,030% e a finais del, do 0,035%), polo que constitúe un contaminante atmosférico que contribúe ó incremento do efecto invernadoiro e, consecuentemente, á elevación da temperatura da atmosfera, cun imprevisible efecto sobre os cambios climáticos.

O dióxido de carbono é soluble en auga, tendo a súa solución carácter ácido, o que favorece a disolución das rochas calcarias.

A denominación anhídrido carbónico non se admite nas normas de nomenclatura química inorgánica da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada ([IUPAC]), aínda que se usa moito de xeito tradicional.

Os animais ao respiraren toman oxíxeno da atmosfera e devólveno na forma de dióxido de carbono. Por outro lado, as plantas retiran este gas do ar e utilizano na fotosíntese. Este proceso denominado ciclo do carbono é vital para a manutención dos seres vivos.

Estruturalmente, o dióxido de carbono está constituído por moléculas de xeometría lineal e de carácter apolar. Por iso as atracións intermoleculares son moito fracas, tornándoo, nas condicións ambientais, un gas. De ahí o seu nome comercial gas carbónico.

O CO2 , mantido en determinadas cantidades no ar atmosférico, é un dos gases responsabeis da temperatura terrestre. Sen este gas a Terra sería un bloque de xelo. Por outro lado, un exceso de CO2 impede a saída de calor da atmosfera, provocando un quencimento do planeta denominado efeito estufa. Constitúe un 0,03% en volume da atmosfera (en aumento por procesos diversos de actividades humanas), de onde o toman as algas e as plantas para fixar o carbono en forma de materia orgánica, entrando así este elemento no seu ciclo bioxeoquímico.

Nas últimas décadas, debido á enorme queima de combustíbeis fósiles, a cantidade de gas carbónico na atmosfera aumentou moito, contribuíndo ao aquencimento do planeta.

Índice

[editar] Aplicacións

  • O CO2 é utilizado en bebidas (bebidas carbonatadas) para darlles efervecencia.
  • É utilizado en extintores durante os incendios para isolar o oxíxeno do combustíbel.

[editar] Riscos

  • Inxerido pode causar irritacións, náuseas, vómitos e hemorraxias no trato dixestivo. Inalado produce asfixia.
  • O xelo seco en contato coa pel causa queimaduras.
  • Máis informacións: [1] (en inglés)

[editar] Ver tamén

[editar] Ligazóns Externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com