Azucre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este artigo é sobre o alimento. Para azucre como nutriente, vexa Carbohidrato.
O azucre é unha forma posíbel dos hidratos de carbono; a forma máis común de azucre consiste en sacarosa no estado sólido e cristalino. Úsase para alterar (adozar) o sabor de bebidas e alimentos. Prodúcese a partir de cana de azucre ou de remolacha.
O nome azucre utilízase para diferentes monosacáridos e disacáridos, que xeralmente teñen sabor doce, aínda que por extensión refírese a todos os hidratos de carbono.
O azucre de mesa normalmente consumido corresponde á sacarosa, un disacárido formado por unha moléculas de glicosa e unha de frutosa.
Outros azucres son a galactosa e a lactosa.