Europa occidental
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A diferencia que se fai de Europa occidental fronte a Europa oriental (ou mesmo central), é máis por motivos culturais e históricos que propiamente xeográficos (como ocorre con outras rexións).
Básicamente, os estados de Europa occidental comparten a tradición do anhelo democrático dende a Revolución francesa (1789) e posterior invasión napoleónica. Durante a Primeira Guerra Mundial, eran estados occidentais os que defendían a vía democrática (Reino Unido, Francia, Benelux,...) fronte ás políticas imperiais (Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro, Reino de Italia,...). Durante a Guerra fría, as nacións de Europa occidental distinguíanse pola defensa da democracia e a economía de mercado fronte os sistemas de partido único e réxime económico socialista de Europa oriental. Durante esta época (1948-1989) o telón de aceiro -fortemente militarizado- dividía o contienente europeo por Alemaña, Austria e Finlandia.
Actualmente os lindes de Europa occidental tenden a diluirse trala incorporación á OTAN de vellos países comunistas e a ampliación da Unión Europea. De feito, xa están na órbita occidental Grecia, Turquía, Malta, Chipre, países bálticos, Hungría, Polonia, Rep. Checa, Eslovaquia e Eslovenia. Todos eles con excelentes relacións con EUA e Canadá e intrincados lazos económicos e políticos cos viciños do oeste aínda que moitos non teñen tanto en común como os países históricos da Europa occidental.
Compoñen Europa occidental:
- Islandia, Noruega, Suecia, Finlandia e Dinamarca.
- Irlanda e Reino Unido.
- Na península Ibérica: España, Portugal e Andorra.
- Os países do Benelux.
- Francia, Mónaco, Alemaña.
- Suiza, Liechtenstein, Austria.
- Italia, San Mariño, cidade do Vaticano.