Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Edgar Allan Poe - Wikipedia

Edgar Allan Poe

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Edgar Allan Poe (Boston 19 de xaneiro de 1809-7 de outubro de 1849) foi un escritor norteamericano do século XIX célebre polos seus relatos de terror e polo seu alcoholismo crónico que ó cabo levouno á morte.

[editar] Vida

Os seus pais foron de David e Elizabeth Arnold Poe, mais o seu pai abandonounos ó pouco de nacer Edgar. A súa nai morreu en Richmond en 1811. Edgar foi acollido entón por Mrs. Frances Allan e John Allan. Este nunca adoptou legalmente a Poe, máis si lle dou o seu apelido. Por disensións co seu padrastro Poe acabou na Academia Militar de West Point (1827-1831). En xaneiro de 1831 mudouse a Nova York, e coñeceuaoó editor Elam Bliss, quen lle publicou unha colección de poemas adicados ó "corpo de cadetes da U.S."

En 1831 volve a Baltimore, á casa da súa tía María Clemn. Ese ano desátase a Peste en Baltimore. Esta inspira The King Pest (1834) e A Máscara da Morte Bermella (1842). En 1836 casa con Virginia Clemn en segredo. En 1837 trasládase a Nova York e publica A narración de Arthur Gordon Pyn. En 1838 trasládase a Filadelfia, e traballa coma axudante de edición na revista Burton's Gentleman's. En 1840 a editorial Lea & Blanchard publica 25 relatos en dous volumes: Tales of the Grotesque and Arabesque. Deixa Burton's Gentleman's e comeza a tentar lanzar a súa propia revista crítica independente. Logo do primeiro fracaso nesa tentativa, entra en Grahan's Magazine.

Será entre os anos 1842-1847 en Nova York que acade o seu maior éxito, en particular logo de que o New York Times publique o seu máis célebre poema: O Corvo. Chega a facerse co Broadway Journal como editor e propietario. En 1847 morre Virxinia, e Poe colapsa no alcohol. Nos derradeiros días de lucidez publica Eureka, un poema en prosa sobre a creación e a evolución do Universo.

[editar] Obra

Case que unánimemente considerado un xenio, a súa obra de ficción e a súa poesía non constitúe senón unha pequena parte a carón dos seus ensaios e do traballo coma crítico de literatura.

Entre as súas obras máis célebres cóntanse O gato negro, (1843); A caída da casa Usher, (1839), O pozo e o péndulo, (1842): todos eles no xénero do terror. O corvo, na poesía; A narración de Arthur Gordon Pyn, (1837), única incursión na narrativa; e con Os casos de Monsieur Dupin inventa o xénero de misterio que despois daría lugar a Sherlock Holmes (Conan Doyle). Estes casos compóñense de tres relatos: Os crimes na rúa Morgue, (1841); O asasinato de Marie Roget, (1843), e A carta roubada, (1845).

A parte máis pública da súa vida é quizais o seu alcoholimo, que o acompañou durante toda ela. A imaxe popular de Poe é a dun bébedo dando renda solta ós seus delirios, ate tal punto que os que se denominaron Escritores Malditos o convirtiron no seu profeta. Entre estes cabe destacar a Charles Baudelaire, quen fascinado pola obra de Poe, a traduceu ó francés.

Menos coñecida é a imaxe de Poe de sí mesmo, un xenio que se recoñece como tal. Capaz de criticar na obra de Charles Dickens erros que el comete logo n'A narración de Arthur Gordon Pyn.

Poe, herdeiro do romanticismo, non pode evitar incluir nos seus relatos auténticas leccións maxistrais, tanto para dotar de realismo ó seu relato como co afán de ilustrar (e de impresionar) propio dun xenio da época.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com