Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Berlín - Berlin - Wikipedia

Berlín - Berlin

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Berlin é a capital da República da Alemaña e ten unha poboación de 3 396 990 habitantes (3.9 millóns na aglomeración urbana). Logo da división da Alemaña en 1949, Berlín Leste converteuse na capital da Alemaña do Leste e Bonn pasou a ser a capital provisoria da Alemaña Occidental. O Muro de Berlín dividiu a cidade a partir de 1961 ata ser desmantelado en 1989. Logo da reunificación, Berlín Leste e Occidental foron novamente reunidas para formar o 16º estado da República Federal.

[editar] Historia

Imaxe de satélite coa posición do muro de Berlín.
Agrandado
Imaxe de satélite coa posición do muro de Berlín.

Algúns séculos A.C., a zona onde hoxe se sitúa Berlín comezou a ser habitada por diversas tribos que se estabeleceron nas marxes dos ríos Spree e Havel. No século VI, diversas tribos eslavas construíron fortificacións nas actuais zonas suburbanas de Spandau e Köpenick. Por volta do século XI, Albrecht, guerreiro saxón da Casa dos Ascanios, derrota as tribos eslavas e convértese no primeiro Markgraf (conde) de Brandenburgo. Por esa altura, estabelecéronse, nas marxes do río Spree, imigrantes de outras rexións, nomeadamente do val do Rin e da Franconia.

O primeiro documento histórico berlinense remonta a 1237, aludindo ás poboacións de Cölln e Berlín, situadas en cada unha das marxes do río Spree, envolvendo o local onde hoxe se sitúa Nikolaiviertel. As dúas localidades aliaranse en 1307, constituíndo un só municipio.

Coa morte, en 1319, do último gobernante ascanio, Brandenburgo foi disputado polas casas de Luxemburgo e Wittelsbach, o que orixinou loitas sanguiñolentas. En 1414, os habitantes de Berlín, cansados de tanto sofrimento, solicitaron o auxilio do emperador do Sacro Imperio Romano que lles enviou, como protector, a Friedrich von Hohenzollern, dando orixe a 500 anos de dominio da Casa de Hohenzollern.

En 1432, Cölln e Berlín consolidan a alianza de 1307, unificándose formalmente. En 1486 converteuse na sede do electorado de Brandemburgo.

Coa subida, en 1640, de Friedrich Wilhelm von Hohenzollern ao trono de Brandenburgo, a cidade de Berlín desenvolveuse enormemente, tanto en extensión como en cantidade de habitantes, atixindo, no final do século XVII, o número de 20 000. Na segunda metade dese século fortificouse Berlín, guindouse coa canle ligando os ríos Spree e Oder, plantáronse tilias na Unter den Linden - hoxe unha das máis importantes arterias da cidade, en cuxo extremo poente situase o máis coñecido monumento de Berlín: a Porta de Brandenburgo.

No inicio do século XVIII, Frederich III, sucesor de Friedrich von Hohenzollen, transforma Bradenburgo nun reino, e el é corado como Friedrich I de Prusia. Berlín pasa, entón, á categoría de capital prusiana, vendo nacer as Academias de Belas Artes e da Ciencia. Imponentes edificios surxen por todos os lados, sendo de destacar a Zeughaus e o castelo de Verán (Charlottenburg).

No tempo de Friedrich Wilhelm I, fillo de Friedrich I, a poboación de Berlín acadaba os 90 000 habitantes. O rei seguinte, Friedrich II, transformou Berlín nunha cidade cultural. Cando na súa morte, nos finais do século XVIII, a poboación de Berlín atinguía os 150 000 habitantes.

No inicio do século seguinte, Napoleón Bonaparte vence ós prusianos, ocupa Berlín e leva para París a cuadriga que está enriba da Porta de Brandenburgo, orgullo da cidade. Coa derrota de Napoleón, a cuadriga volta a ser colocada no mesmo local, con gran xúbilo da poboación. Iníciase, nesta época, a industrialización de Berlín: surxe unha fábrica de locomotoras en 1837 e, no ano seguinte, inaugúrase a liña ferroviaria entre a capital e Potsdam. Berlín énchese de edificios grandiosamente concebidos, na maior parte, por Karl Friedrich Schinkel. En 1850 Berlín xa tiña 300 000 habitantes.

Muro de Berlín.
Agrandado
Muro de Berlín.

En 1861, Otto von Bismarck , ó ser nomeado chanceler, principia, a partir de 1864, unha política para colocar Prusia á cabeza de todos os estados de lingua alemá en detrimento de Austria. Para o efecto, Prusia declarou, sucesivamente, guerra á Dinamarca, Austria e Francia, asumindo o control de Schleswig-Holstein, da Confederación do Norte da Alemaña (asociación que englobaba 22 estados e cidades libres) e das provincias de Alsacia e de Lorena. O 18 de xaneiro de 1871, Bismark proclama un Imperio Alemán, tendo por capital Berlín e Guillerme como emperador (Kaiser). A abolición das barreiras comerciais e as indemnizacións pagadas por Francia, permitiron un enorme desenvolvemento industrial, co conseguinte aumento da poboación da cidade de Berlín e unha melloría significativa das infraestruturas urbanas: novo sistema de sumideiros (1876), iluminación eléctrica (1879) e instalación de teléfonos e da primeira liña férrea urbana (1881).

[editar] Século XX

No inicio do século XX, a cidade tiña 1,9 millóns de habitantes, duplicando ese número aos 20 anos.

A I Guerra Mundial non ten un reflexo moi grande sobre a estrutura da cidade.

O 30 de xaneiro de 1933, Adolf Hitler foi nomeado chanceler, iniciado, coa invasión de Polonia, a 1 de setembro de 1933, a II Guerra Mundial que se estendería ata 1945, altura en que a Alemaña perde a contenda e Berlín é invadida polas tropas soviéticas. A partir de 1940, Berlín sofriu numerosos bombardeamentos, especialmente no último ano da guerra, tendo a maioria dos edifícios ficado en ruínas. Logo do fin da guerra, as tropas americanas, británicas, francesas e soviéticas, reunidas en Potsdam, dividen a cidade en catro sectores.

Porta de Brandenburgo
Agrandado
Porta de Brandenburgo

En 1949 nace, nos territorios controlados polos soviéticos, a República Democrática Alemá, tendo por capital a zona oriental de Berlín. Os restantes sectores de Berlín fican, así, a constituír un enclave dentro do territorio da RDA. Para evitar a fuga dos berlinenses para os sectores ocidentais, o goberno comunista construiu, en 1961, un muro con preto de 150 km de extensión, envolvendo os restantes sectores. Quen tentase ultrapasalo, era imediatamente morto.

A partir de 1989, as mudanzas políticas que ocorren na Europa Occidental levaran á queda do muro de Berlín e á abertura das fronteiras entre a RDA e o restante território da Alemaña (RFA).

En 1990, a Alemaña reunifícase e Berlín volta a ser a capital, sucedendo a Bonn, capital alemá dende os finais da Segunda Guerra Mundial. De entón para acó, a cidade ten vindo a sofrer unha completa transformación urbanística, coa reconstrución e reabilitación de edificios históricos e a edificación de novos barrios voltados para o século XXI, aproveitando, especialmente, as zonas anteriormente ocupadas polo Muro.

Berlín rexurde, actualmente, en toda a súa imponencia, podendo ser considerada unha das máis belas cidades europeas.

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com