Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ser vivo - Wikipedia

Ser vivo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Un ser vivo, tamén chamado organismo é un conxunto de átomos e moléculas que forman unha estrutura material moi organizada e complexa, na que interveñen sistemas de comunicación molecular, que se relaciona co medio ambiente cun intercambio de materia e enerxía dunha forma ordenada e que desempeña as funcións básicas da vida que son a nutrición, a relación e a reprodución, de tal xeito que os seres vivos actúan e funcionan por si mesmos sen perder o seu nivel estrutural.

A materia que compón os seres vivos está formada nun 95% por catro átomos que son o carbono, hidróxeno, osíxeno e nitróxeno, a partir dos cales xorden as moléculas:

O gato é un ser vivo
Agrandado
O gato é un ser vivo
  • Moléculas orgánicas ou biomoléculas: ácidos nucleicos, as proteínas, os glícidos e os lípidos.
  • Moléculas inorgánicas: Auga, Sales minerais e gases.

Estas moléculas repítense constantemente dentro dos seres vivos, polo que a orixe da vida procede dun antecesor común fai moitos millóns de anos sobre a Terra.

Tódolos seres vivos están constituídos por células. No interior destas realízanse as secuencias de reaccións químicas necesarias para a vida.

Índice

[editar] Clasificación dos seres vivos

Cangrexo en (Ribeira)
fungo

Os seres vivos clasifícanse en reinos. A clasificación máis estendida é a de cinco reinos cuns dous millóns de especies:

  • Monera, son os organismos máis sinxelos, con células procariotas. Están descritas unhas 25.000 especies
  • Protistas. Unicelulares, pero con núcleo diferenciado. Células eucariotas. Cunhas 150.000 especies descritas.
  • Fungos con 100.000 especies.
  • Plantas cunhas 350.000 especies.
  • Animais o máis numeroso con 1.200.000 especies.

[editar] Propiedades dos seres vivos

Cadela de frade
Agrandado
Cadela de frade
Virus ébola
Agrandado
Virus ébola

A vida pode definirse segundo 7 propiedades básicas dos seres vivos, que nos permiten diferencialos do resto da materia inorgánica:

  • Compóñense de células.
  • Crecen e desenvólvense.
  • Regulan os seus procesos metabólicos e de desenvolvemento.
  • Presentan movemento.
  • Reaccionan a estímulos.
  • Reprodúcense.
  • As poboacións evolucionan e adáptanse ao ambiente.

[editar] Os virus, un caso especial

Os virus cumpren con tres destas características, pero non teñen metabolismo. Así a todo, se consideramos que a característica básica dun ser vivo é a evolución biolóxica, tamén os virus poderían considerarse seres vivos. Hai certo consenso en non consideralos formas vidas aínda que hai quen discrepa sobre a cuestión. Como se ve todo depende daquilo que se considere á hora de definir a vida.

[editar] Árbore filoxenética

O seguinte diagrama mostra a árbore filoxenética en reinos dos seres vivos tendo en conta os últimos datos moleculares.


                                          ,_____________ Proteobacterias alfa
                                      ,___|
                                      |   |  ,__________ Proteobacterias beta
                                      |   |__|
                                ,_____|      |_________ Proteobacterias gamma
                                |     | 
                                |     |   ,____________ Proteobacterias delta
                            ,___|     |___|
                            |   |         |__________ Proteobacterias épsilon
                            |   | 
                            |   |  ,_______________ Planctomices e Chlamydiae
                            |   |__| 
                            |      |  ,_________________________ Spirochaetes
                            |      |__|  
                            |         |  ,______ Bacteroides e Flavobacterias
                            |         |__|
                            |            |_______ Bacterias verdes do xofre
                       ,____| 
                       |    |     ,____ Bacterias Gram-positivas con G-C alto 
                   ,___|    |_____|
                   |   |          |____ Bacterias Gram-positivas con G-C baixo
                   |   |
               ,___|   |_______________________ Cianobacterias e cloroplastos
               |   |
            ,__|   |__________________________ Bacterias verdes non do xofre
  Bacteria  |  |
     ,______|  |_______________________________________________ Thermotogais
     |      |
     |      |________________________________________ Hydrogenobacter/Aquifex
     |
     |                                                 ,_______ Euryarchaeota
_____|       Archaea                           ,_______|
     |   ,_____________________________________|       |_______ Crenarchaeota
     |   |                                     | 
     |   |                                     |_______________ Koryarchaeota
     |   |                                                       
     |___|   ,__________________________________________________ Diplomónadas
         |   |                                                   
         |   |   ,_____________________________________________ Microsporidia
         |   |   |                                               
         |___|   |   ,_________________________________________ Parabasálidos
             |   |   |                                           
     Eukarya |   |   |   ,________________________________________ Mixomycota
             |   |   |   |                                       
             |___|   |   |_______________________________________ Euglonozoos
                 |   |___|                                       
                 |   |   |_________________________________________ Naegleria
                 |   |   |                                       
                 |   |   |_________________________________________ Entamoeba
                 |___|                                           
                     |       ,_________________________________ Acrasiomycota
                     |       |                                   
                     |       |   ,________________________________ Rhodophyta
                     |       |   |                               
                     |       |   |               ,__________________ Ciliados
                     |       |   |               |               
                     |_______|   |_______________|_____________ Dinoflagelata
                             |   |               |               
                             |   |               |_______________ Apicomplexa
                             |   |                               
                             |   |               ,____________ Laberintúlidos
                             |   |               |               
                             |___|               |__________________ Oomicota
                                 |               |               
                                 |               |________________ Xantophyta
                                 |_______________|               
                                 |               |_______________ Chrysophyta
                                 |               |               
                                 |               |________________ Phaeophyta
                                 |               |               
                                 |               |_________________ Diatomeas
                                 |                               
                                 |               ,___________________ Plantae
                                 |               |                     
                                 |_______________|          ,__________ Fungi
                                                 |__________|    
                                                            |_______ Animalia
            ?__________________________________________________________ Virus
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com