Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
29 de febreiro - Wikipedia

29 de febreiro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xan - Febreiro - Mar
lu ma xo ve sa do
  1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28
2006
lu ma xo ve sa do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28
2005
lu ma xo ve sa do
  1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
2004

Os 366 días do ano

O 29 de febreiro é o 60º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 305 días para finalizar o ano, 306 nos anos bisestos.

Os anos que rematan en dous ceros 1800, 1900, 2000, etc., non son bisestos a non ser que sexan divisibles por 400. Isto significa que o ano 2000 foi bisesto, como o será o ano 2400, pero 1800 e 1900 non foron, como tampouco o serán os anos 2100, 2200 e 2300.

O último ano bisesto antes do 2004 foi o ano 2000. O próximo ano bisesto será o 2008.

Os nacidos neste día soen celebra-lo seu aniversario o 28 de febreiro ou 1 de marzo nos anos non bisestos.

No calendario romano o día bisesto, é o que se engadía o calendario cada catro anos, non era o 29 de febreiro senón o 24, xa que era o sexto día antes das calendas de marzo. Na Unión Europea, o 29 de febreiro só se converteu en día bisesto oficial no ano 2000.

28 de febreiro < 29 de febreiro < 1 de marzo

Índice

[editar] Acontecementos

  • 888 - O conde de París, Eudes, designado rei de Francia polos señores feudais.
  • 1229 - Federico II de Alemaña asina un acordo de paz cos musulman, durante a época das cruzadas.
  • 1504 - Un eclipse lunar atemoriza a gran parte de europa.
  • 1520 - Iniciase en Valencia a revolta da Hermandade dos Gremios contra os nobres, coñecida como "Guerra das Xermanías".
  • 1692 - No proceso das bruxas de Salem (Estados Unidos), cae a máxima resposabilidade sobre a india "Tituba", que é presa e acusada de buxería, morrerá axustizada.
  • 1696 - O político inglés, Thomas Osborne, coñecido como a conde de Danby é acusado de correpción.
  • 1704 - Un grupo de indios xunto coas tropas francesas atacan o destacamento de Deerfield, no estado de Massachusetts.
  • 1720 - A raíña Ulrika Eleonora de Suecia abdica no favor do seu cónxuxe, Federico de Hessen.
  • 1756 - En Porto Rico fundade a cidade de Yauco.
  • 1780 - O Consello das Indias, constituido en Venezuela, establece unha renta anual de 120 pesos a os franciscanos de Píritu.
  • 1784 - O Marqués de Sade trasladase a Bastilla francesa.
  • 1788 - En Portugal ten lugar a creación da Biblioteca Nacional.
  • 1808 - As tropas francesas apoderanse da ciudade de Barcelona.
  • 1812 - O investigador e antropólogo Charles Darwin chega a Bahía (Brasil).
  • 1836 - Estrease en París a ópera Os Hugonotes, do compositor alemán Giacomo Meyerbeer.
  • 1844 - Na República Dominicana constituese un comité de insurrección.
  • 1848 - O conde de Neufchatel declara a independencia de Suiza.
  • 1852 - Tras unhas pelexas na procura de dominar unha revelión, o goberno mexicano ascende a Ignacio Zaragoza a capitán do Batallón da Garda Sedentaria de Monterrey.
  • 1864 - En Arxentina chegase a un acordo cos caciques, Tobas e Vilelas para a construción dun camiño que unirá os pobos de Corrientes e Santiago del Estero.
  • - O goberno venezolano a través dunha asemblea otorga provisionalmente os distritos federais as comarcas.
  • - O goberno arxentino publica unha orde de neutralidade nos problemas da Banda Oriental.
  • - Chega un envio de 24.000 pesos para os presos republicanos mexicanos que están detidos nas cárceres de Francia; cumplese con elo a orde dada por Benito Juárez.
  • 1880 - Rematan as obras de perforación do túnel de San Gotardo, que une Suiza con Italia.
  • 1892 - Os paises de Inglaterra e Estados Unidos asinan un tratado que permite a caza das focas no Mar de Bering.
  • 1904 - O escritor Vicente Blasco Ibáñez salva milagrosamente a vida nun duelo contra un tenente do Corpo de Seguridade, grazas a unha argola que levaba suxeitando unha cadea, na que rebotou a bala que aquél disparou.
  • - Nos Estados Unidos o presidente Theodore Roosevelt forma un comité para estudiar a viavilidade de facela construcións do Canal de Panamá.
  • 1908 - O científico holandés, Heike Kamerlingh Onnes produce o hélio no seu estado sólido por primeira vez, este feito extendese a un grupo de cientificos do mesmo pais.
  • - Nos Estados Unidos o xerif da poboación de Lincoln Country, Pat Garret; que dera caza o matapistoleiros "Billy o Neno", aparece asasinado.
  • 1916 - Durante a Primeira Guerra Mundial; o piloto alemán Kurt Haber (nado no ano 1895 e morto en combate no 1916) logra abater o primeiro avión "Voisin" durante a batalla de Soissons.
  • 1920 - A Asemblea Nacional checoslovaca aproba a Constitución democrática, que recoñece o checo coma idioma oficial.
  • - Tomas Garrigue Masaryk, xefe do novo estado dende 1918, primeiro presidente da República.
  • - Restaurase a monarquía na Hungría; baixo a rexencia de Miklos Horthy de Nagybanya.
  • 1928 - Os asteleiros gaditanos entregan o buque escola Xoán Sebastián Elcano a Armada española.
  • - Unha real orden expedida polo goberno español obriga a incrustación do orixe das denominacións e marcas nos metais preciosos.
  • 1936 - Miguel de Unamuno é investido doutor honoris causa pola Universidade de Oxford.
  • - O Exército italiano logra unha soada victoria na Abisinia.
  • - Promulgación dunha amnistía laboral en España.
  • - O goberno ruso otorga o nomeamento o Instituto Pavlov que permiter mudar de nome polo de primeiro Instituto Médico de Leningrado.
  • 1940 - A película O que o vento se levou gaña oito premios Oscar; un deles é otorgado a Hattie McDaniel, que é a primeira muller de cor e recibilo.
  • 1944 - España: Concedese a libertade condicional a os condenados por delitos de rebelión, en calquera das súas formas, que superen los 70 anos.
  • - A URSS ofrecelle a paz a Finlandia no transcurso da Segunda Guerra Mundial.
  • - Inaugurase en Barcelona o VII Salón da Moda Española.
  • - Un traballador de nome: Karol Wojtyla (que sería o futuro papa Xoán Paulo II), sobre un accidente por atropelamento dun carro o que lle causa unhas semanas de internamento nun hospital.
  • 1948 - Producese a voadura dun tren militar británico na Palestina.
  • 1956 - O xefe da Lexión Árabe, Glubb Bajá, é destituido en Xordania.
  • - Paquistán establecese coma parte da República Islámica.
  • - Nos Estados Unidos o presidente Eisenhower anuncia publicamente que se presentetará de novo a reelección pola presidencia.
  • - Un forte tremor destrue o 90 % da ciudade de Agadir, (Marrocos) e cobrase entre 2.000 e 3.000 mortos.
  • - A pesardes das advertencias do goberno estadounidense, Hugh Hefner abre o primeiro Playboy Clube na cidade de Chicago.
  • - Na Arxentina tras novas revoltas e un golpe de estado, é deposto o pridente Arturo Frondizi Ercoli.
  • 1964 - En Suecia celebrase a primeira exposición da Moderna Museet, cuio principal expoñente é Andy Warhol.
  • - En Canadá, no teatro Denise Pelletier presentase o primeiro espectáculo, tratase dunha obra de Jean Racine cuio titulo é "Efixenia".
  • - Durante unhas probas de natación puntuables para as seguintes olimpiadas, o nadador Dawn Fraser, logra establecer o seu 36º record.
  • 1968 - Estrease a película "Pippermint Frappé", dirixida por Carlos Saura, e protagonizada por Xosé Luis López Vázquez, Geraldine Chaplin e Alfredo Mayo.
  • - Nunha igrexia dos Estados Unidos ten lugar o casamento da soprano norteamericana, Florence Ballard cun empresario pouco coñecido, Thomas Chapman.
  • - Tras meses de construción lograse botar o mar a fragata británica "HMS Bacchante" que será a primeira do grupo F-69.
  • - O primeiro pulsar é descoberto pola astronoma irlandesa Jocelyn Burnell.
  • 1972 - Cinco millons de traballadores arxentinos secundan unha folga de 48 horas pola carestía da vida.
  • 1976 - Trala Marcha Verde e os posteriores acordos arabe-españois, durante o derradeiros días da vida de Franco, lograse proclamar a República Arabe Democrática do Sahara.
  • 1980 - Gabón ratifica en favor o convenio da Convención Internacional sobre a eliminación da discriminación racial.
  • 1984 - O cantante estadounidense Michael Jackson é galardonado con oito Premios Gramy.
  • - O primeiro ministro de Canadá, Pierre Trudeau anuncia que deixa a vida política.
  • - Extremadura estrea o Real Decreto 1107 sobre a protección de menores, pronto se fará extensible o resto de España.
  • - Brasil sufre a máis alta cotización do Dolar; a súa compra é de un dollar = 1.207'00 reais e a venda é de 1.213'00 reais.
  • 1988 - Detido o arzobispo Desmond Tutu xunto cun cento de clérigos na Ciudade do Cabo (Sudáfrica) durante a súas protestas contra os freos estatais impostos as organizacions anti-apartheid cinco días antes.
  • - En Colombia o goberno aproba a lei de fomento da investigación científica e o desenrolo tecnolóxico.
  • - O presidente da República Centroafricana, André Kolingba, conmuta a pena de morte o ex emperador Jean Bedel Bokassa pola de traballos forzados a perpetuidade.
  • - O presidente do Senegal, Abdou Douf, decreta o estado de emerxencia en Dakar, para poñer fin a os disturbios que se produciron o coñecerse os primeros resultados das eleccions, que lle daban gañador cun 77% dos votos.
  • 1992 - A poboación de Bosnia-Herzegovina pronunciase nun plebiscito popular a favor da independencia da ex república federal iugoslava.
  • - Dende o Vaticano o papa Xoán Paulo II lanza unha mensaxe durante a Cuaresma na que non pode evitar toca-los temas do aborto e a inseminación artificial.
  • - España: O nadador Mark Tewksbury adxudicase a victoria nos 100 metros espalda, cun rexistro de 52.67, na Superfinal da Copa do Mundo de Natación que se celebra en Palma de Maiorca.
  • - O crego peruano José L. Astigarraga Lizarralde recibe a ordeación de bispo de Yurimaguas.
  • 1996 - O Consello de Seguridade da ONU reunese con caracter de urxencia para debater sobre as revoltas de Haití.
  • - Morre o neno español de 13 anos, José María Peiró a mans dos terroristas de ETA,
  • - En Brasil o decreto 1.823 obriga a transferi-las contas de dunha sociedade privada para a análise da L.B.A.
  • - Unha concentración de motos da marca Harley Davidson na cidade de Miami conta coa representación de dous pesos do automovilismo; Emerson Fittipaldi e Al Unser Jr.
  • - En España crease o Rexistro de Fundacións na Comunidade de Madrid.
  • - Celebrase o acordo de transparencia e traspado de documentos entre Brasil e a República de Corea.
  • 2000 - Unha irregularidades no traspaso dalgunhos poderes obligan a unha reunión do Consello de goberno coa Xunta de Andalucía.
  • - O xornalista arxentino Franco Varise, a raíz dunhas declaracións nos medios de comunicación recibe ameazas de morte por parte de grupos extremistas.
  • - Albania ratifica o tratado de non produción da minas terrestres.
  • - Mozambique fai fronte as perdas do furacán "Eric" que deixa tras de sí a máis de 100.000 persoas sen teito.
  • - Os guerrilleiros chechenos son capturados en Shatoi polo exército ruso.
  • - En Brasil o goberno forma unha Comisión de Xustiza e Cidadanía, a cal aproba o código de defensa do contribuinte.
  • 2004 - Jean-Bertrand Aristide, presidente de Haití é secuestrado por forzas estadounidenses e enviado fora do país.
  • - Nos Estados Unidos o navio "Bow Mariner" estoura fronte as costas de Virxinia.
  • - Un novo acrecentemento da revoltas e a tensión do goberno de Haití por calma-las fan que acudan tropas navais norteamericanas a desembarcar na illa.
  • - A triloxía "O señor do Aneis" gaña 13 premios Oscar. Tamén nesta mesma celebración dos Oscar a actriz, Charlize Theron e o actor, Sean Penn reciben sendos Oscars por ser os mellores actores.
  • - Nos capionatos de tenis de Marsella o sueco, Robin Soderling perde fronte o eslovaco Dominik Hrbaty; por outras no Open de Brasil o tenista brasileiro Gustavo Kuerten gaña o arxentino Agustin Calleri.
  • - Ante a posibilidade dun novo golpe de estado, o presidente de Haití, Jean Bertrand Aristide abandoa o país.
  • - O boxeador brasileiro Anderson Clayton (máis coñecido coma Pantera) vence nun combate celebrado en Guarujá o boxeador panameño, Elvis Guerreiro; Na cidade das Vegas o boxeador mexicano de nome Eric Morales gaña por KO a o seu homólogo Jesús Chavez
  • - En Brasil tras varios días desaparecido aparece nunha praia da rexión de Pernambuco o corpo sen vida dun bañista que foi atacado e morto por un tabeirón.

[editar] Nacementos

  • 1468: - Papa Paulo III, papa italiano de nome Alessandro Farnese.
  • 1696: - Esprit J. Antoine Blanchard, compositor francés.
  • 1728: - Robert Bage, escritor inglés.
  • 1760: - Eberhard Wachter, pintor alemán.
  • 1772: - Joseph Marie de Gérando, escritor francés.
  • 1784: - Leo von Klenze, arquitecto alemán.
  • 1788: - Martín Zurbano, guerrilleiro na guerra da independencia española contra os franceses.
  • 1792: - Gioacchino Rossini, compositor italiano.
  • 1796: - Edmund Bailey O'Callaghan, historiador e médico británico.
  • 1804: - Antoine H. Romuald Florence, deseñador francés; nacionalizado brasileiro no 1824.
  • 1812: - Hermann Hirschboch, compositor alemán.
  • 1828: - Emmeline Blanche Woodward, lider espiritual e feminista americana.
  • 1840: - John Philip Holland, inventor, enxeñeiro e constructor de submarinos.
  • - Theodor Leber, médico oftalmólogo alemán.
  • 1860: - Herman Hollerith, investigador, enxeñeiro e inventor americano.
  • 1864: - Adolf Wolfli, escritor e pintor suizo.
  • 1884: - Alfred Sendrey, compositor e alcalde hungaro.
  • 1896: - Morarji Desai, político hindú; primeiro ministro da India nos anos 1977/1979|79.
  • - William Augustus Wellman, director e cineasta americano.
  • - Wladimir Vogel, compositor e músico suizo.
  • 1900: - Giorgios Stylianos "Seferis", poeta e diplomático grego, premio Nobel de Literatura 1963.
  • - Edna Swithenbank Manley, escultora xamaicana.
  • - Jean Negulesco, director cinematográfico estadounidense de orixe rumana.
  • - Renee Evans, actriz americana.
  • - Albert Lancaster Lloyd, musicólogo e investigador británico.
  • 1916: - Dinah Shore, cantante estadounidense.
  • 1920: - Michele Morgan (Simone Rousel), actriz francesa.
  • - David Lloyd, tenor de opera americano.
  • - Michele Morgan, actriz francesa.
  • 1924: - Andrzej Maria Deskur, cardenal polaco.
  • - Gabriel Lee Gab Sou, bispo coreano.
  • - David Stuart Beattie, político neocelandés; presidente na tempada 1980/85.
  • - Elena Burke, cantante cubana.
  • - Alan Loveday, músico e violinista inglés.
  • 1932: - Sérgio M. Gomes de Jaguaribe "O Jaguar", humorista brasileiro.
  • 1936: - Albert Turner, activista e lider espiritual estadounidense.
  • - Alwin Schockemohle, aristócrata alemán.
  • 1952: - Pierre Blaise, actor francés.
  • 1964: - Henrik Sundstrom, xogador de tenis sueco.
  • 1972: - Carlos Salcés, actor mexicano.

[editar] Mortes

  • 992: - San Osvaldo, relixioso danés.
  • 1528: - Patrick Hamilton, mártir protestante escocés.
  • 1592: - Alessandro Striggio, compositor e músico italiano.
  • 1604: - John Whitgift, arcebispo inglés de Canterbury.
  • 1740: - Raiña Ulrika Eleonora de Suecia.
  • 1744: - Jean Theophile Desaguliers, arquitecto francés; un dos pais da arquitectura moderna.
  • 1852: - John Landseer, debuxante e ilustrador inglés.
  • 1856: - Domingos Mocurunga, compositor brasileiro.
  • 1928: - Armando Díaz, xeneralísimo das tropas italianas na Primeira Guerra Mundial.
  • - Josephine Donna Smith "Ina Donna Coolbrith", escritora e poeta americana.
  • - Adolphe Appia, coreógrafo suizo.
  • 1944: - Per Evind Svinhufvud, político independentista e ex presidente de Finlandia.
  • - Félix Feneon, pintor italiano de ascendencia francesa.
  • - Simón Radowitzky, activista e anarquista argentino.
  • 1960: - Walter Yust, xornalista, empresario e editor americano.
  • 1964: - William S. James, deseñador de automóbiles británico.
  • 1972: - Gumersindo Ayala Aquino, músico e poeta paraguaio.
  • 1976: - Germán Picó Cañas, industrial chileno.
  • - Józef Wittlin, escritor, poeta e traductor polaco.
  • 1980: - Yigol Alton, político israelí; ministro de relacións exteriores de Israel.
  • 1988: - Erika Köth, soprano alemana.
  • 2000: - Frei Marcelo Bernardi, relixioso brasileiro.
  • 2004: - Andréi Pavitski, futbolista ucraniano.
  • - Dany Ortiz, futbolista guatemalteco.

[editar] Santoral

  • San Bisancio, Caio, Xusto, Rufino, Emma, Macario e Eusebio (Martires); Beato Augusto de Chapdelaine (Mártir); Casiano e Gregorio de Narek (Confesores); Román (Abade); Dositeo (Eremita).

[editar] Festas e celebracións

[editar] Outros: Crónicas e augurios

[editar] Crónicas: As estacións do tempo e os barómetros naturais

Xeralmente nos antigos tempos soíasen representarse as estacións do tempo dun xeito que para a xente bastante agarimoso; a primaveira adoitaba aparecer na figura dunha doncela que nunha man ten un año e noutra un ramo de flores, tamén aparecía en forma dun neno cunha abella na dereita e un pavo real na esquerda. Entraba o verán e a súa representación adoitaba tela forma dun home robusto que sostiña na man o corno da abundacia e estaba rodeado de cestos cheos de espigas, algunha delas arremolinadas formando as figuras de coroas. En canto o outono adoitaba aparecer coa figura dun home maduro coroado de sarmentos e recimos de vide; posteriormente cambiou a ser un xoven que traía na man unha cesta chea de varios froitos e coa outra acariñaba un can. No trocante o inverno este tivo ata tres representacións: na primeira adoita a figura dun anciá cuberto de xeo, con cabelos e barba brancos e por enriba, durmindo nunha cova; na segunda adoitaba ser un anciá que se quenta o mellor que pode o caron dun braseiro; no trocante a terceita tamén se representaba coma un home coroado de polas e levando nas mans froitas pasadas. Así eran as representacións que nos adoitaban contar e, noutros casos, mostras os noso avós, pero todo elo de xeito figurativo. Sen embargo eles tiñan un xeito, xa non tan figurativo (pois televisión no había e menos o consavido home do tempo) para saber, nos seus máis ou nos seus menos que clase de tempo ía a facer. Era un xeito (barato, por deci-lo dalgunha forma) de saber que tempo viría nos vindeiros días, tan soo con mira-los obxectos e animais do seu redor; expresarei aquí algunhas a título de exemplo. Se as galiñas revolcanse no pó e encrespan as súas plumas é sinal de próxima tempestade. Tamén é segura a choiva cando as abellas volven as colmeas antes de porse o sol e con pouco botín. Anuncia auga inmediata os corvos, cando se espertan de noite e graznan máis que de costume. Cando a anduriñas voan rozando a terra, non está lexos a borrasca; se, polo contrario, voan ata as nubes, pode emprenderse a viaxe sen perigo de mollarse. Sempre que o roiseñor canta moi claro, pola noite, podese asegurar que o tempo é bo no día seguinte; o contrario acontece cando as ras fan pola noite os seus concertos e as curuxas revolotean e silban estrepitósamente. Auguria tempo caluroso (xeralmente coa tarde de tronada) os grilos coas concertinas polas noites; nos galiñeiros podese oir a un galo pedrés espertarse puntualmente as doce da noite a cantaruxear coma se forse o mencer, tantos cantaruxeos dea o galo polas doce da noite, tantos días revoltos veñen de seguido. No canto o gatos comúns, e moi típico que se aseen, pero se durante o aseo pinchan a forella coa pata; tantas veces o faga coma días de mal tempo se aveciñan. Se preguntades o labrego en que libro aprendeu todo isto, respostarábos: "é un libro que está o alcance de todo o mundo; é o libro da natureza".

[editar] Augurios: Como é e qué ocorre?

Este é un tempo que nos que naceron entre o 20 de febreiro e o 20 de marzo corresponde o signo do zodíaco chamado Piscis (pero a ter sempre en conta na actualidade, que debido a precesión dos equinocios, conten as constelación de Acuario), de aí, que o resumo que vamos expoñer para os nados neste día non corresponda na súa totalidade, tan só é de caracter orientativo. A persoa nada neste día adoita ter sensibilidade e práctica; farán todo o que se propoñan facer. Amor na casa, afición pola química e a farmacia; contando neles a amabilidade, a dozura e a sensibilidade. No tocante a saúde, teñen que facer especial atención a todo aquilo relacionado cos intestinos, arterias e veas. Polo demáis, son persoas tenaces, orixinais e progresistas que, as veces deixanse levar polas emocións; pero nas liñas xerais son prácticas e eficaces no que fan. Non teñen tendencia a ser expansivas e a comunicación non lles flue con facilidade, mor da súa peculiar timidez e que tamén lle motive que non lles interese a popularidade. Soen chegar a unha idade avanzada e con boa saude.

Os 366 días do ano


Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro


Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com