Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Tycho Brahe - Wikipedia

Tycho Brahe

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Faltan ligazóns internas neste artigo. Por favor, wikifíqueo.
Tycho Brahe.
Agrandado
Tycho Brahe.

Tycho Brahe(Knudstrup, 14 de decembro de 1546 - 24 de outubro de 1601 foi un astrónomo dinamarqués.

Knudstrup é unha localidade na provincia de Scania, que por aquel entón pertencía a Dinamarca e que na actualidade corresponde a Suecia. O astrónomo, danés de nobre ancestro, era fillo de Otto Brahe (o parecer, Governador do castelo de Helsingborg e home de considerable influenza). Tycho non foi fillo único, xa que Otto e a sua dona, Beate, tiveran xa de primeiro unha meniña, e logo no 1546 Beate tivo xemelgos, un deles Tycho. Desgrazadamente o outro xemelgo finou o nacer e Otto non mantivo a sua promesa de deixa-lo seu fillo a Joergen. É aquí que a vida do xove Tyge (como lle chamaban agarimosamente os da casa) ou Tycho iniciouse dun modo bastante peculiar. Joergen Brahe era vicealmirante da Armada Danesa, non tiña fillos, polo que recibira a promesa de seu irmán, (o governador), de que, cando tivese un fillo varón deixariallo en adopción. Sen embargo non sucedeu asi, e Joergen non se deu por vencido, e raptou a Tycho levandoso para a sua casa de Torstrup. O Governador amenazou a sue irmán con matalo, pero finalmente esvaironse os ánimos e aceptou a evidencia da promesa, seu fillo sería criado por Joergen, xa que sen duvida estaría ben atendido co seu tío e, ademáis, herdaría a riqueza deste.

A sua nenez na casa de seu tío conformou unha parte do carácter excéntrico e autoritario. A idade de 12 anos, polo 1559, foi enviado a estudiar a Universidade de Copenhague. Durante a sua estancia alí observou un eclipse de Sol que lle causou unha profunda impresión. O feito ocurría o 21 de agosto de 1560; e, aunque foi total en Portugal viuse coma parcial en Dinamarca. O máis rechamante non lle foi a visión espectacular que tivo o eclipse, senón como se puido ser anunciado con anticipación. Nas súas propias palabras, que diría anos máis tarde, describe como "algo divino que o home coñeza os movementos das estrelas tan exactamente que sexa capaz, con moita anterioridade, de predecir as suas ubicacions e posicions relativas". O parecer o tema da predicción dos eventos astronómicos engaiolou fortemente o xove Tycho, que empezou por aquel entonces a comprar libros de Astronomía.

Despois de tres anos en Copenhague, o seu tío Joergen considerou que xa era tempo de que fose a unha universidade no extranxeiro. A sua intensión era de que o rapaz deixase os temas das estrelas e se interesase por outras cousas que poderian convertir a Tycho nunha figura importante da política danesa. Polo tanto as Leis era unha das carreiras mais apropiadas e a Universidade de Leipzig dispoñía dunha excelente Escola de Dereito. Seu tío, coñecedor do interés astronómico de Tycho, e de que había collido en Copenhague unha tradución latina do Almagesto de Ptolomeo, enviouno a Leipzig cun titor; neste caso, Anders Soerensen Vedel, que logo fariase famoso coma o primeiro gran historiador danés. Vedel tíña neses tempos unhos 20 anos, so 4 máis que o seu estudante, e a sua misión era coidar que Tycho abandoara a sua afición astronómica e concentrara todalas suas enerxías nos estudos de dereito. Pero a penas un ano, Vedel deuse conta de que Tycho non tiña remedio e permitiulle face-las observacions que Tycho viña facendo as suas espaldas, cando el durmiñaba. A partir dese momento as relacions entre eles melloraron e chegaron a ser moi bos amigos.

No 1563, mentres se encontraba en Leipzig tivo lugar outro evento astronómico que calou en Tycho profundamente. Era o 24 de agosto cando ocurriu unha conxunción de Xúpiter e Saturno, chegando os dous planetas a confundirse cun so. O evento era predecible e Tycho deuse conta de que as tablas astronómicas existentes ata a data contiñan erros. As Taboas Afonsinas, baseadas no sistema xeocéntrico de Ptolomeo, tiñan un erro dun mes, namentras que as Taboas Prutenicae de Reinhold, de 1551, baseadas nas de Copérnico, aun sendo mellores, predecían o evento con varios días de erro. Isto fixolle ver a Tycho a urxente necesidade de novas e precisas observacions planetarias sobre as cales pudiese construir taboas máis exactas. Tycho observou a conxunción con instrumentos moi primitivos e viu a necesidade de dispoñer de instrumentos de calidade para realizar boas observacions.

No 1565 recibiron, tanto o xove Tycho coma o seu titor unha carta de Joergen Brahe chamándolos de regreso a casa. É case seguro que Tycho alegrouse, xa que mentres máis estudaba leis, menos lle gustaba. Sen embargo, había estalado unha guerra entre Dinamarca e Suecia que mantiña a seu tío moi ocupado, polo seu posto de vicealmirante. O pouco tempo de voltar Tycho, seu tío tivo un accidentado final para a sua vida. Elo ocorreu mentres o Rei Federico II cruzaba a ponte que conducía o Castelo de Copenhague, na compaña de Joergen Brahe e un número doutros nobres, o seu cabalo asustouse provocando que o rei caense as xeladas augas. Joergen co tempero típico dos Brahe, lanzouse a auga e rescatouno, pero apenas logrou sair con vida. Desgrazadamente contraeu unha pulmonía que se agravou e nada se puido facer para salvalo, morrendo un 21 de xuño de 1565. Por aquelas Tycho xa tiña os 18 anos, a noticia foi dura, pois, a pesardes das diferencias de opinión que ambos tiñan, había certa estimación polo seu tío. Xa non había nada que o retivera na casa ou o obrigara a continuar co seu estudo de leis. Outro tío, Steen Bille, aconsellouno despois de ver os seus asuntos en Dinamarca (xa que había herdado algunhas propiedades de Joergen) decidiu regresar a Alemaña o ano seguinte, agora para estudiar o que el quería. Dirixíndose primeiro a Universidade de Wittenberg e logo a de Rostock.

Namentres se atopaba na Universidade de Rostock ocurrironlle un dous eventos inusuais. A sua inclinación a astronomía tamén tendía o dominio da astroloxía, e tomandoa como base anunciou públicamente que o eclipse de Lua de outubro de 1566 traería o falecemento do Sultán de Turquía, Suleiman. O pouco tempo chegaron as noticias decindo que o sultán había finado; sen embargo, despois soubose que o Sultán morrera antes do eclipse e non despois, o que lle deu serias dudas acerca da validez da conexión entre ambos os dous feitos. Pero con 19 anos, un acontecemento máis desgraciado para Tycho tivo lugar no decembro dese mesmo ano. Nunha festa na casa dun dos mestres, Tycho sostivo unha violenta discusión con outro nobre danés, neste caso un tal Manderup Parbjerg, debatendo cal dos dous era mellor matemático. Aunque os seus amigos os separaron rápidamente coa posibilidade de que o asunto non pasase de aí tivo a desgraciada coincidencia de que volveronse a atopar unha semana mais tarde durante as festas de Nadal. Alí volveu a surxi-la pelexa que zaxaron coa espada en duelo. O parecer fei cerca dun cemiterio pola tarde cara a noite e o parece que a pelexa foi de corta duración. Tycho puido haber sido mellor matemático pero desgraciadamente eso non lle valeu nun duelo coa espada: quedou coa nariz mutilada, perdendo parte da ponte. Logrouna reparar cunha protese composta de ouro, prata e cera, que o acompañaría o resto dos seus días, isto tamén pódese aprezar nos retratos da época. Segundo os estudiosos de hoxe en día; o parecer non hai evidencia que indique que a lesión lle causara molestias posteriores, máis alá dos problemas psicolóxicos derivados da sua diminuida estética que constatemente tiña que ser engraxada con un ungüento. Tamén corre o razonamento de que posteriormente chegou a ser bastante amigo de Parbjerg.

Voltou de Rostock a Dinamarca pero non quedou moi contento coa recepción que tivo, pese a haber obtido unha promesa de Federico II de que lle daría a primeiro posto vacante que se presentara. Retornou a Rostock para observar outro eclipse lunar, no tardaría moito en marcharse a Wittenberg en concreto a Universidade de Basel, na cal graduouse a comenzos de 1569. Case un ano despois trasladouse a Augsburg, a capital de Suabia (agora parte de Bavaria). Estableceu amizade cos irmans Paul e Johann Hainzel, rexedores da cidade (o parecer, Johann era o alcalde), astrónomos aficionados. Tycho deseñou para eles un inmenso cadrante de 5,8 metros (19 pes) de diámetro, e un sextante de menores dimensions.

A nebulosa do Cangrexo, descuberta por Tycho Brahe.
Agrandado
A nebulosa do Cangrexo, descuberta por Tycho Brahe.

O redor do ano 1570 Tycho soubo que seu pai estaba enfermo. Chegou a casa no decembro, para de aquela a enfermidade de seu pai era terminal. Otto Brahe finou o 9 de maio de 1571 (tiña de 53 anos de idade). Tycho herdou a metade da propiedade de Knudstrup pero non lle gustou vivir aí, e foise a casa do irman da sua nai en Heridovad Abbey, cerca de Helsignor. Alí continuou as prácticas de química xa que nesa época a Alquimia, era considerada como a nai da química, polo tanto, tamén era parte da astroloxía. Sen embargo no ano seguinte ocurría o evento que o levou de volta as suas observacions para logo converti-lo no máis grande observador do seu tempo. O 11 de novembro de 1572 mirou o ceo namentres daba un paseo e notou unha estrela moi brillante na constelación de Casiopea, onde el sabía ben, sobre as publicacions da época, que nunca houbo estrela de semellante fulgor. Tratabase dunha nova. Tycho fixo as observacions coidadosamente rexistrando as suas variacions de brillo e cor durante meses. Publicou os seus resultados nun libro titulado "De Nova Stella" no ano 1573, que contribuiu a acrecenta-la fama de Tycho como astrónomo. Tamén por esta época Tycho fixo casamento cunha xove chamada Cristina. Rapaza de orixe humilde, e nivel social reducido; de certo é que non se sabe as boas se foi casamento ou unión, xa que non parece constar nengún rexistro de matrimonio feito pola Igrexa. Pero a cousa debeu ir ben xa que ista muller acompañaría o astrónomo polo resto da sua vida, dandolle oito fillos, dos cales so dous morreron moi novos.

Corria o ano 1575 cando comenzou a dar unha serie de conferencias sobre astroloxía e os aríxes da mesma, na Universidade de Copenhague, cumplimenta asi unha petición expresa do Rei Federico II. Co remate das conferencias emprendeu un longo viaxe por Europa do cal faria estancias en Cassel, Basel e Venecia. Xa en Cassel fixo visita o Conde de Hesse, Guillerme IV, que era un astrónomo entusiasta e aventaxado. Sabedor iste home das intencions de Tycho de establecerse cun observatorio astronómico en Alemaña, Guillerme IV non dubidou en escribir o Rei danés algo que podería soar así: "A súa Maxestade non debe permitir que Tycho se vaia, xa que con elo Dinamarca perdería o seu máis grande ornamento". A carta no ía soa xa que levaba sumada unha recomendación do canceleiro Oxe e con elas o Rei Federico II, que tiña certa inclinacion a favorece-las ciencias, fixo unha oferta tan xenerosa a Tycho para que se establecera en Dinamarca, que iste aceptou. Por un Real Decreto do 23 de maio de 1576, o Rei Federico II otorgaballe a Tycho Brahe a pequena illa de Hven, no estreito de Sund, non lexos de Copenhague, cerca aún da moderna cidade sueca de Malmo, a cédula incluia todolos arrendatarios e serventes que nela vivían, coa renta e impostos deles, na forma vitalicia, xunto cunha renta anual de 500 ducados, o cal aún agregou un feudo situado en Noruega e unha canonxía, cuia renta de 2000 ducados debía servir para construir un observatorio dotado dos mellores instrumentos e para contratar axudantes e matemáticos.

Tycho construiu na illa de Hven o Castelo de Urania, o que denominou como "Uraniborg", que foi o mellor observatorio astronómico da era pretelescópica. Co tempo fixo un segundo observatorio en Hven, no Castelo das Estrelas, do cal tamén lle chamou "Stjerneborg". Tycho estivo traballando para un gran número de estudantes e axudantes, chegando a sumar 40 o número de persoas que traballaban para el na materia científica. Nese tempo tivo a coñecidos estudantes, un deles, coñecido baixo o alcume da zona onde era orixinario (Longomontano), pero de nome real era: Christen Sorensen Longberg 1562-1647. Fillo dun labrego. O mencionado Longomontano deixara as leiras despois de finar seu pai e así, os 15 anos de idade foe a escola básica. 11 anos máis tarde pasou a Universidade de Copenhague, e o ano seguinte chegou a ser axudante de Tycho. Estivo no Uraniborg ata 1597, cando os dous se foron. O traballo principal de Tycho en Uraniborg foi a confección dun catálogo estelar. Mediu a posición de 777 estrelas con grande precisión. Tamén realizou numerosas observacions dos planetas, na súa particularidade de Marte, que anos máis tarde lle sirviron a Kepler para establece-las leis do movimento planetario. Durante a sua permanencia en Hven datouse a aparicion de 7 cometas, o primeiro deles o 23 de novembro de 1577, que foi observado por Tycho co seu coidado habitual. Aunque nese momento non se dispoñía de todolos elementos que utilizou nas observacions posteriores. Mediu a paralaxe do cometa esa mesma noite do 23 de novembro, achandose o cometa cerca da estrela Epsilon Pegasi. Observado durante varias horas e o non poder detecta-la paralaxe diurna para o cometa, fixo que a súa ubicación fose 5 veces mais alá da órbita da Lua. Tycho descartou de inmediato a antiga teoría que describía os cometas coma exhalacions atmosféricas, a unhos poucos kilómetros de altitude. Ademáis propinou un segundo golpe a inmutabilidade aristotélica da rexión supralunar. Encontrou que o cometa debía de percorrer o redor do Sol, máis alá da órbita de Venus. Entre os anos 1582-1583 pareceulle ver que a distancia a Marte era menor a distancia o Sol, lo cal o fai abandoar o sistema de Ptolomeo, pois non estaba observado esta posiblidade. Pero tampouco se atreveu a adherir o sistema de Copérnico, que propon un sistema híbrido, onde a Terra inmóvil é o centro do cosmos e entorno a ela xiran a Lua e o Sol. Todolos demáis planetas xiran entorno do Sol. Dende un punto de vista cinemático o sistema proposto por Tycho é equivalente o copernicano.

Mauerquadrant (Tycho Brahe 1598), aunque tamén foi coñecido como "Astronomiae Instauratae Mechanica".
Agrandado
Mauerquadrant (Tycho Brahe 1598), aunque tamén foi coñecido como "Astronomiae Instauratae Mechanica".

Finado o Rei Federico II en 1588, a situación de Tycho en Hven comenzou a ter complicacións. O príncipe herdeiro, Christian, tiña so 11 anos, polo cal designouse un consello de protectores, composto de 4 membros, que governarían ata que o príncipe cumplira os 20. Entre os protectores achabase o chanceleiro Niels Kaas gran amigo de Tycho, que lle permitiu seguir gozando dos privilexios que poseía con Federico II. Sen embargo, o carácter testán e fogoso de Tycho levouno a ter problemas. En tempos aqueles tivo unha desputa cun dos seus arrendatarios, de nome: Rasmus Pedersen, e o caso chegou a Corte Suprema de Xustiza. Tycho foi o suficientemente lexos na sua desputa como para manter suxeito con grellas a Pedersen (no subterráneo de Uraniborg tíña unha cárcere para encerrar a quenes non cumprían). Cando a Corte Suprema fallou na contra Tycho, iste continuou con hostilidades contra o pobre home, o que interpuxo a Tycho fronte o xove príncipe, que se prezaba a sí mesmo de ser xusto con todo o mundo, independente da sua condición social. Outros asuntos na contra de Tycho eran que non se preocupaba de manter unha capela en unha das posesions súas, da cal disfrutaba das entradas, pero a tiña despreocupada pese a varias advertencias. Outro tanto ocorría co mantenemento do famoso faro Kullen, que non o facía de boa forma. Niels Kaas morre no 1594, e Tycho perde así un grande apoio. E a castástrofe sobreven cando Christian VI, que xa había subido o trono, cortou varias das rendas de Tycho, entrelas os 500 ducados anuais. Parece que o xoven Rei non tiña o interés de seu pai pola ciencia, e considerou que os grandes gastos de Hven eran excesivos. Ademáis, molesto con Tycho, quería demostrarlle quen era o que manda. Por outra parte coñecedor da sua reputación astronómica en Europa, nonlle cortou totalmente os seus ingresos. Tycho nunha reacción temperamental, abandoou Hven para irse primeiro a Copenhague e logo a Rostock (Alemaña) onde tiña amigos. Alí parece que lle escribiu unha carta o Rei na que lle ofrece voltar si se lle restauran novamente os seus recursos e si os seus servicios eran valorados adecuadamente. A resposta do Rei foi cortante, onde lle enumera varias das suas queixas e suxierelle que volte a Dinamarca primeiro. Esa foi a fin do incidente para Tycho, que decidiu permanecer no exilio e buscar novo protector. A derradeira observación anotada por Tycho no Hven data do 15 de marzo de 1596. Xa no ano 1598 atopámolo establecido coa sua familia na casa do Xeneral Heinrich Rantzan, en Wandesbeck, (Hamburgo). Alí escribe un libro no que describe os seus instrumentos que publica co título "Astronomiae Instauratae Mechanica", e que adica a Rodolfo II, emperador de Bohemia e Hungría. A adicatoria surdiu efecto, pois Rodolfo II invitao a Praga e ofrecelle o posto de Matemático Imperial, cun soldo anual de 3000 florins (unhas 900 libras), cantidade aprezable, superior a que recibía en Praga calquer outra persoa da corte. Ademáis deronlle a elexir entre varios castelos para que instalara o seu observatorio. O castelo Benatek, a uns 30 km. o norte de Praga, foi o elexido, e Tycho trasladase alí coa sua familia e os instrumentos que conservaba con él. O resto dos instrumentos foronlle enviados dende Dinamarca. Escribiu a varios dos seus axudantes para que traballaran con él en Praga, entre eles a Longomontano, que chegou no 1600.

A situación en Praga para Tycho non foi nunca tan boa como en Dinamarca. Non tíña poder político e o emperador estaba sempre corto de fondos polo cal incluso as veces non recibía o seu salario. Tivo que deixar o castelo de Benatek e voltar a Praga. O máis importante que ocorreu nese momento foi a chegada dun novo axudante para Tycho, un xove matemático, de nome: Johannes Kepler, que había adquirido certa reputación coa publicación dun libro chamado " Mysterium Cosmographycum".Alguns historiadores fan este encontro no siso do ano 1578, polo que hai certas discrepancias. Isto fixo que Tycho, celoso del, lle agochara os mellores estudos que, con tempo viuse na obriga de cederllos. Longomontano, despois de termina-la teoría lunar e as taboas correspondentes, coma xa había acordado con Tycho, voltou a Dinamarca, onde tempo despois chegaría a ser profesor na Universidade de Copenhague. Kepler pasou a selo primeiro axudante de Tycho. A posición non era sixela para Kepler que tivo que soporta-lo carácter autoritario de Tycho, as veces con dificultade. Sen embargo, a situación non foi tan agobiante para Kepler xa que o 24 de outubro de 1601 Tycho morre sorpresivamente, cando aún non tiña os 55 anos. A causa do finamento fora unha retención de ouriña que se impuxo a si mesmo mentres efectuaba un longo paseo co Emperador, segundo algúns biógrafos. Pero a versión dos feitos que nos refire a Kepler parece sela seguinte: "O 13 de outubro, Tycho Brahe, …, ceaba na casa do señor Rosenberg e retivo a sua orina máis aló do normal por non falta-la cortesía. Cando bebeu máis, sentiu tensión na sua vexiga, pero preferiu a cortesía á saúde. O voltar a casa apenas puido mexar.

Despois de cinco noites sen durmir, todavía apenas podía mexar con sentimento de gran dor. Non durmía e a febre o facía delirar. Non puideron impedirlle comer. O 24 de outubro o seu delirio apagouse por varias horas; finou docemente entre os rezos, consolos e bágoas dos seus." Aquí, sen embargo outros biografos fan reseñar que iste receso durou 11 días, polo que volven a surxir novas diverxencias. Ceñindonos novamente o mellor que podemos na historia diremos que durante a súa agonía Tycho repetía unha e outra vez: "Non frustra vixisse vidcor (Que non haia vivido en vano)". O efecto, habíalle feito prometer a Kepler que usaría as suas observacions para construir un novo sistema do universo beasado, non en Copérnico ou Ptolomeo, senon na sua propia teoría. Aunque Kepler non respetou a letra o desexo de Tycho, logrou o espíritu deste, pois grazas á elaboración Kepleriana, a obra astronómica de Tycho Brahe alcanzou a inmortalidade.

[editar] Ver tamén

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com