Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Tour de Francia - Wikipedia

Tour de Francia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O pelotón do Tour de Francia
Agrandado
O pelotón do Tour de Francia

O Tour de Francia ("Volta" a Francia) é unha competición ciclista por etapas, a máis afamada de todas, que se disputa en Francia e outros países limítrofes durante tres semanas do mes de xullo. Comezou a celebrarse en 1903 con periodicidade anual que só foi interrumpida entre 1915 a 1918 a causa da Primeira Guerra Mundial e desde 1940 ata 1946 pola Segunda Guerra Mundial.

Constitúe, polo tanto, a carreira máis importante dentro da clasificación ciclista que establece a UCI ProTour; xunto coa Vuelta Ciclista a España e o Giro de Italia constitúe o grupo das Grandes Voltas de tres semanas.

Índice

[editar] Historia

O logo do Tour
Agrandado
O logo do Tour

O primeiro Tour tivo lugar no ano 1903, como unha iniciativa do diario L'Auto. Pouco a pouco, foi adquirindo prestixio como carreira ciclista ata, na actualidade, elevarse ata a posición de evento ciclista máis importante do ano. Na actualidade, e a diferencia dos seus comezos (nos que tiña poucas etapas pero moi longas), o Tour ten 21 etapas e 2 días de descanso para os corredores.

O Tour adoita ter lugar en territorio francés; así e todo, é moi frecuente que unha ou varias etapas comecen, rematen ou pasen por outros países, como Italia, España, Suíza, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Alemaña e incluso o Reino Unido ou Irlanda.

O percorrido do Tour cambia tódolos anos. Na primeira etapa, adoita haber un prólogo (breve contrarreloxo individual); a continuación, unha primeira semana na que non se atravesan grandes dificultades montañosas; unha contrarreloxo; e a continuación o paso polas dúas grandes cadeas montañosas (Pireneos e Alpes ou Alpes e Pireneos, a anos alternos); logo, outra contrarreloxo que ten lugar o penúltimo día; e, ó final, unha etapa chá que remata nos Campos Elíseos de París. Tamén é habitual que haxa na primeira semana unha contrarreloxo por equipos.

Na actualidade, e tras 16 anos baixo a dirección de Jean-Marie Leblanc, o director do Tour é Christian Prudhomme.

[editar] Maillots

Lance Armstrong co maillot jaune
Agrandado
Lance Armstrong co maillot jaune

Ó igual ca outras carreiras ciclistas, o Tour de Francia ten diferentes clasificacións, ó primeiro clasificado das cales se lle dan determinadas mallas:

  • Maillot jaune (amarelo) ó lider da clasificación xeral da carreira (o gañador).
  • Maillot vert (verde) para o ciclista que acadou maior número de puntos na clasificación dos sprints (que se obteñen ós finais das etapas e nos sprints intermedios).
  • Maillot à pois rouges (a puntos vermellos) para aquel que ten maior número de puntos na clasificación da montaña (estes puntos obtéñense ó pasar nos primeiros postos polo cume dos montes. Canto maior sexa a categoría das montañas, maior é a cantidade de puntos).
  • Maillot blanc (branco) para o ciclista novo (de menos de 25 anos) que mellor clasificado está.

Outras clasificacións teñen outras formas de sinalarse:

  • A clasificación da combatividade. Cada día, os xuíces escollen o corredor máis combativo da etapa anterior e proporciónanlle un dorsal (o número que levan nas costas) vermello para o distinguir.
  • A clasificación por equipos. Para calculala, súmanse os tempos de carreira dos tres primeiros corredores do equipo. Tódolos ciclistas do equipo que ocupa o primeiro lugar nesta clasificación reciben un dorsal amarelo.

Como en tódalas demais carreiras, o campión do mundo pode levar a malla arco-da-vella que o diferencia, e os campións nacionais poden levar a malla do seu propio país.

[editar] A carreira

No respectivo ás etapas de contrarreloxo e de montaña, o Tour funciona como tódalas demáis Grandes Voltas. Sen embargo, ten certos detalles que o diferencian:

[editar] A contrarreloxo por equipos

Na meirande parte dos Tours, adoita haber unha contrarreloxo por equipos na primeira semana. Sen embargo, este feito deu lugar a moitas críticas a raíz de que Lance Armstrong, que dispuña dun equipo moi forte, se distanciaba moito dos seus rivais, con equipos máis modestos. Para tentar solucionalo, o Tour estableceu unha norma na contrarreloxo por equipos, que tamén recibiu grande cantidade de críticas.

Esta norma di que o máximo tempo que pode perder o segundo equipo respecto do primeiro clasificado é de 20 segundos. No caso do terceiro, son 30 segundos (tamén respecto do primeiro); o cuarto, 40; e así sucesivamente ata o decimoquinto clasificado, que pode perder como máximo 2 minutos 30 segundos (150 s). A partir de alí, as diferenzas van de 5 en 5 segundos.

Por exemplo, se nunha carreira o segundo equipo chega con 5 minutos de retraso respecto do primeiro, cóntase como se só perdese 20 segundos. Pola contra, se chega a 5 segundos este tempo manténselle.

[editar] As bonificacións e as chegadas

Durante todo o Tour (diferenciándose nisto, por exemplo, da Vuelta a España, que só o fai na primeira semana), os corredores que chegan nos primeiros postos á meta reciben unha bonificación que lles desconta segundos (20 ó primeiro, 12 ó segundo, 8 ó terceiro).

En 2006 decidiuse que a aqueles ciclistas que caesen nos últimos 3 quilómetros de cada etapa se lles daría o tempo que terían conseguido se non tivesen caído.

[editar] Cronoloxía cos gañadores do Tour de Francia

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com