Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Quentamento global - Wikipedia

Quentamento global

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O quentamento global é un incremento (no tempo) da temperatura media da atmosfera terrestre e dos océanos. A teoría do quentamento global postula que a temperatura se elevou desde finais do século XIX debido á actividade humana, principalmente polas emisións de dióxido de carbono que incrementaron o efecto invernadoiro. A teoría predí, ademais, que as temperaturas continuarán subindo no futuro se continúan as emisións de gases de efecto invernadoiro.

A denominación "quentamento global" xeralmente implica a actividade humana. Unha denominación máis neutral, cambio climático, utilízase normalmente para designar calquera cambio no clima, sen entrar en discusións sobre a súa causa. En cambio para indicar a existencia de influencia humana, ás veces se emprega o termo cambio climático antropoxénico.

Frecuentemente a discusión se centra na temperatura, pero o quentamento global ou calquera tipo de cambio climático implican cambios noutras variables: as precipitacións globais e os seus patróns, a cobertura de nubes e tódolos demais elementos do noso sistema atmosférico veránse afectados pola diminución da emisión de radiación infravermella cara ó espazo, debido ós cambios nas concentracións de gases de efecto invernadoiro no ambiente.

O corpo multigobernamental e científico encargado da súa análise global é o IPCC (siglas en inglés do Inter-Governmental Panel on Climate Change o Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático). Unha das súas liñas de acción máis visibles é o Protocolo de Kyoto, que promove unha redución de emisións contaminantes (principalmente gases de invernadoiro) por parte dos países industrializados.

Variación da temperatura desde 1860 ata o ano 2000
Agrandado
Variación da temperatura desde 1860 ata o ano 2000

Índice

[editar] Opinión científica

Xa que se trata dunha cuestión tan importante, os gobernos necesitan prediccións da tendencia futura dos cambios globais, de maneira que poidan tomar decisións políticas para evitar efectos indesexables. o IPCC está estudando o quentamento global, pero non se encarga da investigación mesma, senón de divulgar o material de investigación publicado. Os seus informes reflicten o consenso científico.

O informe do IPCC de 1995 concluíu que "a acumulación de evidencias suxire un influxo comprobable da actividade humana no cambio climático". Isto foi reforzado polo TAR (Terceiro Informe de Avaliación) de 2001, onde se di: "Hai unha evidencia maior e máis seria de que a maior parte do quentamento observado nos últimos 50 años é atribuíble a actividades humanas".

Un informe de 1996 efectuado por Dennis Bray e Hans von Storch, do Meteorologisches Institut der Universitat Hamburg, recompilou respostas de cerca de 400 investigadores climáticos alemáns, estadounidenses e canadenses, e foi publicado no United Nations Climate Change Bulletin.

O informe resumía a resposta dos científicos neste campo declarando que é "certo que se non hai cambios no comportamento humano, o quentamento global ocorrerá definitivamente nalgún momento no futuro". Esta declaración contou cun acordo xeral dos científicos cunha puntuación de 2,6 nunha escala entre 1 e 7, onde 1 indicaba un acordo completo e 7 un desacordo completo.

[editar] Teorías e obxeccións

O debate sobrepasou o ámbito das revistas científicas para invadir a area pública. Algúns políticos chegan a convertelo en tema das súas campañas electorais, como Al Gore, autor de Earth in the Balance (‘A Terra no balance’). Sen embargo, o quentamento global é algo que se ten máis en conta na Unión Europea.

Países que asinaron o protocolo de Kyoto no 2005
Agrandado
Países que asinaron o protocolo de Kyoto no 2005

Moitas das teorías sobre o quentamento global son motivo de controversia, particularmente, a cuestión de se existe un consenso científico suficiente para xustificar una acción internacional concertada para minorar os seus efectos. (Ver Protocolo de Kyoto.)

Os propoñentes da teoría do quentamento global expresan unha ampla gama de opinións. Algúns simplemente recoñecen a realidade dos incrementos de temperatura observados. Outros apoian medidas como o Protocolo de Kyoto, que intentan ter certo efecto sobre o clima futuro e levar eventualmente a medidas posteriores. Outros pensan que o dano medioambiental terá un impacto tan serio que deben darse pasos inmediatamente para reducir as emisións de CO2, a pesar dos custos económicos para as nacións avanzadas, como Estados Unidos (que produce maiores emisións de gases de efecto invernadoiro ca calquera outro país, en termos absolutos, e é o segundo maior emisor per cápita despois de Australia). Hai climatólogos que apoian este punto de vista.

[editar] Rexistros de temperatura

O período sobre o que o quentamento pode observarse varía segundo o enfoque: ás veces desde a Revolución Industrial, outras desde o comezo dun rexistro histórico global de temperatura ó redor de 1860; ou sobre o século XX, ou os 50 anos máis recentes.

Nos últimos 20.000 años o suceso máis importante é o final da Idade de Xeo, fai aproximadamente 12.000 años.(Ver Grida.no/climate/). Desde entón, a temperatura permaneceu relativamente estable, inda que con varias flutuacións, como por exemplo o Período de Quentamento Medieval (ou Pequena Idade do Xeo). Durante o século vinte a temperatura incrementouse en aproximadamente 0,4 a 0,8 ºC.

As temperaturas na troposfera inferior incrementáronse entre 0,08 e 0,22 ºC por década desde 1979 (ver Medicións de temperatura por satélite). o aumento da temperatura non segue unha lei lineal, senón que presenta flutuacións debidas á variabilidade natural, sendo a máis notable dlas fenómeno de El Niño. Durante o mesmo período as temperaturas na superficie terrestre mostran un incremento de aproximadamente 0,15 ºC por década. (ver GHCC.MSFC.nasa.gov/).

[editar] Teorías para explicar o cambio de temperatura

O sistema climático varía de dúas formas: a través de procesos naturais internos e en resposta a forzamentos externos. Entre os primeiros destacan as emisións volcánicas, así coma os gases de efecto invernadoiro, e entre os segundos inclúense cambios na órbita da Terra ó redor del Sol (Teoría de Milankovitch), a propia actividade solar. (Ver Cambio climático para unha discusión máis en profundidade sobre as causas que forzan estes procesos).

Os especialistas en climatoloxía aceptan que a Terra se quentou recentemente. Algo máis controvertida é a cuestión sobre o que pode ter causado este cambio.

[editar] Teoría dos gases invernadoiro

Emisións de CO2 e temperatura global nos últimos 1000 anos
Agrandado
Emisións de CO2 e temperatura global nos últimos 1000 anos

A hipótese de que os incrementos ou descensos en concentracións de gases de efecto invernadoiro poden dar lugar a unha temperatura global maior ou menor foi postulada extensamente por primeira vez a finais do s. XIX por Svante Arrhenius (químico sueco laureado co Premio Nobel de 1903), como un intento de explicar as eras glaciares. Os seus coetáneos refugaron radicalmente a súa teoría.

A teoría de que as emisións de gases de efecto invernadoiro están contribuíndo ó quentamento da atmosfera gañou moitos adeptos e algúns opoñentes na comunidade científica durante o último cuarto de século. O IPCC, que se fundou para avaliar os riscos dos cambios climáticos inducidos polos seres humanos, atribúe a maior parte do quentamento recente ás actividades humanas. A Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos (National Academy of Sciences) tamén respaldou esa teoría. O físico atmosférico Richard Lindzen e outros escépticos opóñense a aspectos parciais da teoría.

Hai moitos aspectos sutís nesta cuestión. Os científicos atmosféricos saben que o feito de engadir dióxido de carbono (CO2) á atmosfera, sen efectuar outros cambios, tenderá a facer máis cálida a superficie do planeta. Pero hai unha cantidade importante de vapor de auga (humidade, nubes) na atmosfera terrestre, e a auga é un gas de efecto invernadoiro. Se a adición de (CO2)á atmosfera cambia os procesos que regulan a cantidade de vapor de auga na atmosfera terrestre, isto podería ter un efecto profundo no clima: máis vapor de auga significa máis calor.

Emisións de CO2 dende o ano 1800 ó 2000
Agrandado
Emisións de CO2 dende o ano 1800 ó 2000

O papel das nubes é tamén crítico. As nubes teñen efectos contradictorios no clima. Calquera persoa notou que a temperatura cae cando pasa unha nube nun día soleado de verán, que doutro modo sería máis caloroso. É dicir: as nubes arrefrían a superficie reflectindo a luz do Sol de novo ó espazo. Pero tamén se sabe que as noites claras de inverno tenden a ser máis frías cás noites co ceo cuberto. Isto débese a que as nubes tamén devolven algo de calor á superficie da Terra. se o CO2 cambia a cantidade e distribución das nubes podería ter efectos complexos e variados no clima.

Á vista disto, non é correcto imaxinar que existe un debate entre os que "defenden" e os que "se opoñen" á teoría de que a adición de CO2 á atmosfera terrestre dará como resultado que as temperaturas terrestres medias serán máis altas. Máis ben, o debate céntrase sobre o que serán os efectos netos da adición de CO2, e en se os cambios en vapor de auga, nubes e demais poderán compensar e anular este efecto de quentamento. O quentamento observado na Terra durante os últimos 50 anos parece estar en oposición coa teoría dos escépticos de que os mecanismos de autoregulación do clima compensarán o quentamento debido ó CO2.

Os científicos estudaron tamén este tema con modelos computarizados do clima. Estes modelos acéptanse pola comunidade científica como válidos soamente cando demostraron poder simular variacións climáticas coñecidas, como a diferencia entre o verán e o inverno, a Oscilación do Atlántico Norte ou El Niño. Encontráronse universalmente que aqueles modelos climáticos que pasan estes test tamén predín sempre que o efecto neto da adición de CO2 será un clima máis cálido no futuro, incluso tendo en conta tódolos cambios no contido de vapor de auga e nas nubes. Sen embargo, a magnitude deste quentamento predicido varía segundo o modelo, o cal probablemente reflicte as diferencias no modo en que os diferentes modelos representan as nubes.

Os escépticos respecto ó quentamento global din que os modelos son inexactos, pero foron incapaces de producir un modelo de clima que non prediga que as temperaturas se elevarán no futuro. É dicir, a teoría dos escépticos de que os sistemas de retroalimentación do clima eliminarán calquera efecto quentador achacable ó CO2 non se basea nas observacións nin en ningún modelo crible.

As industrias que utilizan o carbón como fonte de enerxía, os tubos de escape dos automóbiles, as chemineas das fábricas e outros subproductos gasosos procedentes da actividade humana contribúen con cerca de 22.000 millóns de toneladas de dióxido de carbono (correspondentes a 6.000 millóns de toneladas de carbón puro) e outros gases de efecto invernadoiro á atmosfera terrestre cada ano. A concentración atmosférica de CO2 incrementouse ata un 31% por encima dos niveis pre-industriais, desde 1750. Esta concentración é considerablemente máis alta ca en calquera momento dos últimos 420.000 años, o período do cal puideron obterse datos fiables a partir de núcleos de xeo. Crese, a raíz dunha evidencia xeolóxica menos directa, que os valores de CO2 estiveron a esta altura por última vez fai 40 millóns de años. Ó redor de tres cuartos das emisións antropoxénicas de CO2 á atmosfera durante os últimos 20 años débense ó uso de combustibles fósiles. O resto é predominantemente debido a usos agropecuarios, en especial deforestación (ver Grida.no/climate/ipcc_tar).

CFCs

Os "gases de efecto invernadoiro" toman o seu nome do feito de que non deixan saír ó espazo a enerxía que emite a Terra, en forma de radiación infravermella, cando se quenta coa radiación procedente do Sol, que é o mesmo efecto que producen os vidros dun invernadoiro de xardinería.

O efecto invernadoiro natural que suaviza o clima da Terra non é cuestión que se inclúa no debate sobre o quentamento global. Sen este efecto invernadoiro natural as temperaturas caerían aproximadamente 30 ºC., os océanos poderían conxelarse, e a vida, tal como a coñecemos, sería imposible. Para que este efecto se produza, son necesarios estes gases de efecto invernadoiro, pero en proporcións adecuadas. O que preocupa ós climatólogos é que unha elevación desa proporción producirá un aumento da temperatura debido á calor atrapada.

Os incrementos de CO2 medidos desde 1958 en Mauna Loa mostran unha concentración que se incrementa constantemente. De feito, resulta evidente que o incremento é máis rápido do que sería un incremento lineal. O 21 de marzo do 2004 informouse de que a concentración acadou 376 ppm (partes por millón). Os rexistros do Polo Sur mostran un crecemento similar.

[editar] Teoría da variación solar

Propuxéronse varias hipóteses para relacionar as variacións da temperatura terrestre con variacións da actividade solar. A comunidade metereolóxica respondeu con escepticismo, en parte, porque as teorías desta natureza sufriron idas e vidas durante o curso do século XX. (ver AIP.org/history/climate/solar.htm)

Sami Solanki, director do Instituto Max Planck para a Investigación do Sistema Solar, en Göttingen (Alemaña), dixo:

O Sol está no seu punto álxido de actividade durante os últimos 60 anos, e poden estar agora afectando ás temperaturas globais [...] dúas cosas: o Sol máis brillante e uns niveles máis elevados dos así chamados "gases de efecto invernadoiro" contribuíron ó cambio da temperatura da Terra, pero é imposible dicir cal dos dous ten unha incidencia maior. (Ver www.WashTimes.com)

Willie Soon e Sallie Baliunas do Observatorio de Harvard correlacionaron recontos históricos de manchas solares con variacións de temperatura. Observaron que cando houbo menos manchas solares, a Terra se enfriou (Ver Mínimo de Maunder e Pequena Idade de Xeo) e que, cando houbo máis manchas solares, a Terra se quentou (ver Período Cálido Medieval). Hai que ter en conta que a contaxe das manchas solares comezou a partir de 1700, polo que mediante este sistema o enlace co período cálido medieval é unha especulación.

O Sol
Agrandado
O Sol

As teorías defenden normalmente un dos seguintes tipos:

  • Os cambios na radiación solar afectan directamente ó clima. Isto é considerado en xeral improbable, xa que estas variacións parecen ser pequenas.
  • As variacións no compoñente ultravioleta teñen un efecto. O compoñente UV varía máis có total.
  • Efectos mediados por cambios nos raios cósmicos (que son afectados polo vento solar, o cal é afectado polo fluxo solar), tales como cambios na cobertura de nubes.

Inda que poden encontrarse a miúdo correlacións, o mecanismo existente tras esas correlacións é materia de especulación. Moitas destas explicacións especulativas saíron mal paradas co paso do tempo, e nun artigo "Actividade solar e clima terrestre, unha análise dalgunhas pretendidas correlacións" (Journal of Atmospheric and Solar-Terrestrial Physics, 2003 p801–812) Peter Laut demostra que hai inexactitudes nalgunhas das máis populares, notablemente nas de Svensmark e Lassen (ver máis abaixo).

En 1991, Knud Lassen, do Instituto Meteorolóxico danés, en Copenhage e a súa colega Eigil Friis-Christensen encontraron unha importante correlación entre a duración do ciclo solar e os cambios de temperatura no hemisferio norte. Inicialmente utilizaron medicións de temperaturas e recontos de manchas solares desde 1861 ata 1989, pero posteriormente encontraron que os rexistros do clima de catro séculos atrás apoiaban os seus achados. Esta relación aparentemente explicaba, de modo aproximado, o 80% dos cambios nas medicións de temperatura durante ese período. Sallie Baliuna, un astrónomo do Centro Harvard-Smithsoniano para a astrofísica (Harvard-Smithsonian Center for Astrophysics) encóntrase entre os que apoian a teoría de que os cambios no Sol "poden ser responsables dos cambios climáticos maiores na Terra durante os últimos 300 anos, incluíndo parte da recente ola de quentamento global".

Sen embargo, o 6 de maio de 2000, a revista New Scientist informou que Lassen e o astrofísico Peter Thejil actualizaran a investigación de Lassen de 1991 e encontraron que a pesar de que os ciclos solares son responsables de cerca da metade da elevación de temperatura desde 1900, non logran explicar unha elevación de 0,4 ºC desde 1980. "As curvas diverxen a partir de 1980," explica Thejil, "e trátase dunha desviación sorprendentemente grande. Algo máis está actuando sobre o clima. [...] Ten as «pegadas dixitais» do efecto invernadoiro."

Posteriormente, no mesmo ano, Peter Stoff e outros investigadores de Centro Hadley, no Reino Unido, publicaron un artigo en que deron a coñecer o modelo de simulación ata a data máis exhaustivo sobre o clima do Século XX. O seu estudo prestou atención tanto ós axentes forzadores naturais (variacións solares e emisións volcánicas), como ó forzamento antropoxénico (gases invernadoiro e aerosois de sulfato). Ó igual que Lassen e Thejil, encontraron que os factores naturais daban explicación ó quentamento gradual ata aproximadamente 1960, seguido posteriormente dun retorno ás temperaturas de finais do século XIX, o cal era congruente cos cambios graduais no forzamento solar ó longo do século XX e a actividade volcánica durante as últimas décadas. Estes factores, por si sós, sen embargo, non podían explicar o quentamento nas últimas décadas. De forma similar, o forzamento antropoxénico, por si só, era insuficiente para explicar o quentamento entre 1910-1945, pero era necesario para simular o quentamento desde 1976. O equipo de Stott encontrou que combinando todos estes factores se podía obter unha simulación próxima á realidade dos cambios de temperatura globais ó longo do século XX. Predixeron que as emisións continuadas de gases invernadoiro podían causar incrementos de temperatura adicionais no futuro "a un ritmo similar ó observado nas décadas recentes". En [1] pode acharse una representación gráfica] da relación entre factores naturais e antropoxénicos na contribución ós cambios climáticos. Este informe aparece en "Climate Change 2001: The Scientific Basis" a report by the Intergovernmental Panel on Climate Change (IPCC). (ver www.Grida.no/Climate/ipcc_tar/)

[editar] Outros

Propuxéronse outras hipótese minoritarias no ámbito científico:

  • O incremento en temperatura actual é predicible a partir da teoría dos Ciclos de Milankovitch, segundo a cal, os cambios graduais na órbita terrestre ó redor del Sol e os cambios na inclinación axial da Terra afectan á cantidade de enerxía solar que chega á Terra.
  • O quentamento encóntrase dentro dos límites de variación natural e non necesita outra explicación particular.
  • O quentamento é unha consecuencia do proceso de saída dun período frío previo, a Pequena Idade de Xeo e non require outra explicación.

Algúns escépticos argumentan que a tendencia ó quentamento non é real, e que polo tanto non demanda explicación ningunha.

[editar] O quentamento global no pasado

Os xeólogos cren que a Terra experimentou un quentamento global durante o Xurásico temperán con elevacións medias de temperatura que chegaron a 5 ºC. As investigacións efectuadas pola Universidade Aberta (Open University) publicadas na revista Geology (n.º 32, páx. 157–160, 2004 (Open.ac.uk/Earth-Sciences)indican que isto foi a causa de que se acelerase a erosión das rochas ata nun 400%, un proceso que supuxo que tardasen 150.000 años en volver os valores de dióxido de carbono a niveis normais. Posteriormente se produciu tamén outro episodio de quentamento global coñecido como Máximo termal do Paleoceno-Eoceno (texto en inglés).

[editar] Modelos climáticos

Os modelos climáticos máis recentes dan unha boa simulación dos cambios globais de temperatura no século XX. As simulacións climáticas non atribúen inequivocamente o quentamento que ocorreu desde 1910 ata 1945 a variacións naturais ou a forzamentos antropoxénicos. Tódolos modelos mostran que o quentamento habido entre 1975 e 2000 é en gran medida antropoxénico. Estas conclusións dependen da exactitude dos modelos utilizados e da correcta estimación dos factores externos.

A maioría dos científicos está de acordo en que hai procesos climáticos importantes que están incorrectamente explicados nos modelos climáticos, pero non pensan que outros modelos mellores poidan cambiar a conclusión sobre a orixe do quentamento global actual (fonte IPCC).

Os críticos puntualizan que hai defectos non especificados nos modelos e factores externos que non se tiveron en consideración, e que poderían cambiar a conclusión do IPCC. Algúns críticos non identificados din que as simulacións climáticas son incapaces de acomodar os mecanismos de autorregulación do vapor de auga nin de manexar nubes. Algúns efectos solares indirectos poden ser moi importantes e non foron explicados polos modelos (fonte The Skeptical Environmentalist.

Ver tamén modelo climático

[editar] Efectos potenciais

Moitas organizacións públicas, organizacións privadas, gobernos e persoas están preocupados por que o quentamento global poida producir danos globais no medio ambiente e a agricultura.

Isto é materia dunha controversia considerable, cos grupos ecoloxistas esaxerando os danos posibles e os grupos próximos á industria cuestionando os modelos climáticos e as consecuencias do quentamento global --e subvencionando ós científicos para que tamén o fagan--.

Debido ós efectos potenciais na saúde humana e na economía, e debido o seu impacto no ambiente, o quentamento global é motivo de gran preocupación. Observaáronse certos procesos e relacionáronse estes co quentamento global. Diminución da capa de neve, elevación dos niveis dos mares e cambios meteorolóxicos son consecuencias do quentamento global que poden influír nas actividades humanas e nos ecosistemas. Algunhas especies poden ser forzadas a emigrar dos seus hábitats para evitar a súa extinción debido ás condicións cambiantes, mentres outras especies poden estenderse. Poucas das ecorrexións terrestres poden esperar non resultar afectadas.

Outro motivo de gran preocupación para algúns é a elevación do nivel dos mares. Os niveis dos mares estanse elevando entre 1 e 2 centímetros por década, e algunhas nacións do Océano Pacífico, como Tuvalu están traballando nos detalles da súa esperada eventual evacuación. O quentamento global dá lugar a elevacións do nivel mariño debido a que a auga dos mares se expande cando se quenta, ademais de que se produce un aumento da cantidade de auga líquida procedente do adelgazamento dos casquetes polares, do xeo mariño e da reducción dos glaciares. En palabras do TAR do IPCC: "Prevese que o nivel medio global do mar se elevará entre 9 e 99 cm entre 1990 e 2100. [...] Isto é debido primariamente á expansión térmica e á perda de masa dos glaciares e casquetes polares.

A medida que o clima se faga máis cálido, a evaporación se incrementará. Isto causará un aumento das precipitacións chuviosas e máis erosión. Moita xente pensa que podería resultar un tempo meteorolóxico máis extremo conforme progrese o quentamento global. O TAR do IPCC di: "prevese que a concentración global de vapor de auga e as precipitacións se incrementarán durante o século XXI. Para a segunda metade do século XXI é probable que as precipitacións se incrementen nas latitudes medio-altas e na Antártida en inverno. nas baixas latitudes haberán tanto incrementos como decrecementos rexionais segundo diferentes áreas. Na maioría das áreas serán probables variacións interanuais e espérase un incremento nas precipitacións".

O quentamento global ten outros efectos menos evidentes. A corrente do Atlántico norte, por exemplo, é debida a cambios de temperatura. Parece ser que conforme o clima se fai máis cálido, esta corrente está diminuíndo, e isto quere dicir que áreas como Escandinavia e Gran Bretaña, que son quentadas por esta corrente, poderían presentar un clima máis frío, en lugar do quentamento xeral global.

Hoxe témese que o quentamento global sexa capaz de desencadear os cambios bruscos masivos de temperatura. A corrente do Atlántico Norte data da época do desxeo da última glaciación (fai 14.000 anos). Fai 11.000 anos esa corrente sufriu unha interrupción que durou 1.000 anos. Isto provocou a pequena glaciación coñecida como Joven Dryas (o nome dunha flor silvestre alpina) que durou 900 anos no noroeste de Norteamérica e o norte de Europa. (Ver a discusión sobre a teoría do caos para ideas relacionadas.)

O quentamento global modificará a distribución da fauna e floras do planeta. Ese feito conlevará a extensión de enfermidades das que algúns destes animais son portadores. Tal é o caso da malaria, o dengue ou a febre amarela cuxos vectores son certas especies de mosquitos que habitan principalmente en zonas tropicais.

Así a todo, o quentamento global tamén pode ter efectos positivos, xa que as maiores temperaturas e maiores concentracións de CO2 poden mellorar a produtividade dos ecosistemas. Os datos aportados por satélites mostran que a produtividade do hemisferio norte incrementouse desde 1982. Por outro lado, un incremento na cantidade total da biomasa producida non é necesariamente bo, xa que pode diminuír a biodiversidade inda que florezan un pequeno número de especies. Similarmente, desde o punto de vista da economía humana, un incremento na biomasa total pero un descenso nas colleitas podería ser unha desvantaxe. Ademais, os modelos do IPCC predín que unhas concentracións maiores de CO2 poderían simplemente espolear a flora ata un punto, xa que en moitas rexións os factores limitantes son a auga e os nutrientes, non a temperatura ou o CO2; tras ese punto, incluso inda que os efectos invernadoiro e do quentamento continuasen, podería non haber ningún incremento compensatorio en crecemento.

Outro punto posible de discusión está en cómo incidirían os efectos do quentamento global no equilibrio económico humano norte-sur: se produciría un aumento da desertización dos países áridos e semiáridos, se se produciría un clima máis benigno nos países fríos ou se o efecto sería diferente.

[editar] A relación entre o quentamento global e a deplección de ozono

Inda que si se menciona frecuentemente na prensa popular unha relación entre o quentamento global e a deplección de ozono, esta conexión non é forte. Existen tres áreas de enlace:

  • O quentamento global producido polo forzamento radioactivo por CO2 espérase que enfríe (quizais sorprendentemente) a estratosfera. Isto, a cambio, podería darnos lugar a un incremento relativo na deplección de ozono, e na frecuencia de buratos de ozono.
  • Á inversa, a deplección de ozono representa un forzamento radioactivo do sistema climático. Hai dous efectos opostos: a redución da cantidade de ozono permite a penetración dunha maior cantidade de radiación solar, a cal quenta a troposfera. Pero unha estratosfera máis fría emite menos radiacións de onda longa, tendendo a enfriar a troposfera. En xeral, o enfriamiento predomina. o IPCC conclúe que as perdas estratosféricas de ozono durante as dúas décadas pasadas causaron un forzamento negativo do sistema da superficie troposférica.
  • Unha das prediccións máis sólidas da teoría do quentamento global é que a estratosfera debería enfriarse. Sen embargo, inda que este feito foi observado, é difícil atribuílo ó quentamento global (por exemplo, o quentamento inducido polo incremento de radiación solar podería non ter este efecto de enfriamiento superior), debido a que un enfriamiento similar é causado por a deplección de ozono.


[editar] Véxase tamén

[editar] Enlaces externos

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com