Vapor de auga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O vapor de auga é un gas que se obtén por evaporación ou ebulición da auga líquida ou por sublimación do xeo.
É inodoro e incoloro; a pesar do que poida parecer. As nubes ou o bafo branco de unha cazola ou un conxelador, vulgarmente chamado "vapor", é o resultado de minúsculas gotas de auga líquida ou cristais de xeo. Moi enrarecido, é responsable da humidade ambiental. En certas condicións, a alta concentración, parte da auga que forma o vapor condensa e fórmase néboa, ou, en concentracións maiores, nubes.