Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pita do monte - Wikipedia

Pita do monte

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pita do monte
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Tetraonide
Xénero: Tetrao
Nome científico
Tetrao urogallus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A pita do monte ou pita montesa (Tetrao urogallus), é unha Galinácea que se encontra actualmente en perigo de extinción, quedando algúns exemplares ao longo das zonas boscosas de toda a Cornixa Cantábrica, os Pirineos, os Alpes e o Xura.

En España e desde 1979 vedouse a caza desta especie, e desde 1986 ten a catalogación de especie protexida, aínda que con isto non se conseguiu un incremento na poboación até o momento.

Índice

[editar] Descrición

A pita do monte ten un tamaño máximo de 1,10 m nos machos e 0,70 m nas femias. Caracterízase por ter unhas plumas debaixo do pico en forma de barba, unha cola en forma de abanico e uns tubérculos vermellos sobre os ollos.

A cor da plumaxe é unha característica diferencial entre os sexos. Os machos teñen unha cor entre verde metálico, gris e branco e as femias son de cor roxizo con manchas pardas e leitosas. Ademais diferencia a ambos os sexos o tamaño do peteiro, que é prominente, de xeito curvo e de cor marfil nos machos e breve e de cor negra nas femias.

A pita do monte tarda en pórse a voar, e o seu voo é torpe. Os cercados, valos, e fragas moi pechados producen enormes baixas na súa poboación.

[editar] Hábitat

Vive en zonas montañosas con fragas claras e abertas de coníferas onde haxa abundante vexetación herbácea, auga e baias. Acostuma durmir nas ramas horizontais dos árbores, o que se fai un requisito para a súa presenza.

[editar] Dieta

É unha ave que segue dous tipos de dietas estacionais. No verán é unha ave terrestre que se alimenta de herbas, crisálidas de formiga, landras, baias, lagartas e incluso serpes.

No inverno convértese nunha ave arborícola e mantense unicamente con agullas dos piñeiros e gromos.

[editar] Reprodución

A época de celo dura desde marzo até o primeiro terzo de maio. A pita montesa emite gritos de reclamo ao amencer e ao atarceder desde algún punto elevado atraendo as galiñas. Logo póusase no chan e cubrindo un territorio de 50 ou 100 metros de diámetro continúa cos seus reclamos e copulando con varias galiñas nun mesmo día.

As galiñas poñen entre cinco e doce ovos nun furado no chan, onde son obxectivo doado para o xabarín, os cans e o azor. Ademais a mortaldade dos pitos é moi alta nas primeiras semanas de vida, polo que a súa poboación aumenta moi lentamente.

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com