Lagarta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lagartixas | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Classificación Científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Subfamilias | ||||||||||||
Aeluroscalabotinae |
O grupo das lagartas pertence á familia de réptiles escamados dos lagartos. As lagartas son orixinarias da África, e encontranse espalladas en todas as zonas temperadas e quentes do mundo. Son moi importantes para o medio ambiente porque, como insectívoros, funcionan como "controladores" de pragas domésticas.
As lagartas poden subir paredes - inclusive de vidro - e até andar sobre teitos grazas às forzas de van der Waals estabelecidas polas cerdas existentes nas suas patas.
Algunhas especies presentan capacidade de camuflaxe similar á do camaleón. Outras especies de lagartixas comunicanse entre si através de ruídos - o que non é moi comun entre lagartos.
Unha característica interesante nas lagartixas é a capacidade de rexenerar o seu rabo, como é o caso da perca. Cando se sente en perigo, a lagarta desprende a cauda - que non perde o movemento durante algúns minutos, o que eventualmente desorienta os seus predadores. A rexeneración completa do rabo ocorre en dúas semanas.
Vexamos cales son as lagartas presentes na Galiza:
- Lagarta das brañas (n.c. Lacerta vivipara)
- Lagarta da serra (n.c. Lacerta monticola)
- Lagarta galega (n.c. Podarcis bocagei)
- lagarta común (n.c. Podarcis hispanica)
- Lagarta dos muros (n.c. Podarcis muralis)
- Lagarta rabuda (n.c. Psammodromus algirus)
- Lagarta cinzenta (n.c. Psammodromus hispanicus)
As lagartas domésticas mais comuns no Brasil son as da especie Hemidactylus mabouia.
Varias especies de lagartixa poden ser mantidas como animais de estima. Na Galiza e no Brasil, ese hábito non é popular, mais nos Estados Unidos, as lagartixas son bastante comuns e até valorizadas.
[editar] Bibliografía
GALÁN REGALADO, P. E FERNÁNDEZ ARIAS, G.: Anfibios e réptiles de Galicia, Colección Montes e Fontes, Ed. Xerais, Vigo, 1993.