Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Historia da ciencia - Wikipedia

Historia da ciencia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A historia da ciencia da conta do desenvolvemento humano, marcado polos sucesivos cambios de paradigmas sobre a natureza. Está marcada polo contínuo refinamento do coñecemento adquirido e o desenrolo tecnolóxico acelerado dende a aparición do método científico na chamada revolución científica. É o campo da historia que estuda o desenvolvemento temporal dos coñecementos científicos e tecnolóxicos das sociedades humanas. Tambén estuda o impacto que ciencia e tecnoloxía tiveron na cultura, economía e política.

Índice

[editar] Introducción

As modernas ciencias matemáticas, físicas e enxeñaría e tecnoloxía colleron xeito na Revolución científica (séculos XVII y XVIII) pero teñen a súa base nos traballos dos antigos gregos e islámicos, os que teñen as súas raíces nas civilizacióss exipcia, mesopotámica e hindú. O mundo oriental desenvoltou os seus propios sistemas científicos e tecnolóxicos, moi superiores á ciencia e coñecemento occidental durante gran parte da historia.

[editar] Liña temporal de algúns descubrimentos científicos destacados

Nalgúns casos, a relevancia dos descubrimentos científicos non foi apreciada na propia época.

  • 250?? aC - Aristarco de Samos propón, por vez primeira, un modelo heliocéntrico do Sistema Solar.
  • 240 aC - Eratóstenes mide a circunferencia terrestre.
  • 127 aC - Hiparco elabora o primeiro catálogo astronómico con unhas 850 estrelas.
  • 148 - Ptolomeo escrebe o Almaxesto, tratado de astronomía no que se fai a descrición do primeiro modelo preciso do movemento dos planetas, o modelo xeocéntrico.
  • 900?? - Os árabes sistematizan o álxebra como ferramenta científica.
  • 1600 (aprox.)- Galileo Galilei realiza o experimento do plano inclinado refutando a teoría Aristotélica do movemento.
  • 1609 - Galileo Galilei observa catro lúas en Xúpiter aportando evidencias do modelo heliocéntrico.
  • 1637 - René Descartes e o seu Discurso do método (ver tamén: Roger Bacon).
  • 1665 - Robert Hooke, utilizando un microscopio, observa células.
  • 1676 - Ole Rømer(Roemer) mide a velocidade da luz por primeira vez.
  • 1687 - Isaac Newton publica os Principia Mathematica, que conteñen no seu interior a formulación de diversas leis da física, incluída a lei da gravitación unversal.
  • 1798 - Henry Cavendish realiza o seu célebre experimento da balanza de torsión, conseguindo medir o valor da constante de gravitación universal.
  • 1796 - Edward Jenner experimenta coa primera vacuna.
  • 1801 - Thomas Young realiza o chamado experimento da doble rengandixa amosando a dualidade onda-corpúsculo no caso da luz.
  • 1820 - Hans Christian Oersted descobre a conexión entre electricidade e magnetismo.
  • 1843 - James Prescott Joule mide a equivalencia entre o traballo mecánico e o calor, resultando como consecuencia a formulación da lei de conservación da enerxía.
  • 1845 - Christian Doppler amosa o efecto Doppler.
  • 1851 - Léon Foucault, usando un péndulo, demostra a rotación da Terra.
  • 1859 - Charles Darwin publica a súa obra A orixe das especies, onde se presenta a teoría da evolución por selección natural.
  • 1861 - Louis Pasteur refuta de xeito concluínte a teoría da xeneración espontánea.
  • 1863 - Gregor Mendel comeza o estudo das leis da herdanza xenética.
  • 1873 - James Clerk Maxwell formula as leis clásicas do electromagnetismo.
  • 1877 - Ludwig Boltzmann define estatísticamente a entropía.
  • 1888 - Heinrich Hertz amosa a existencia de ondas electromagne´ticas pola súa producción e detección.
  • 1887 - O experimento de Michelson-Morley refuta a teoría do éter luminífero e pon a base experimental da relatividade especial.
  • 1896 - Henri Becquerel descubre a radioactividade.
  • 1897 - Joseph John Thomson descubre o electrón.
  • 1905 - Albert Einstein publica a súa teoría da relatividade especial. O mesmo ano explica cuánticamente o efecto fotoeléctrico, e outro dos seus catro artigos do chamado 'annus mirabilis' (que fixeron que un século despois, 2005 sexa proclamado o 'ano internacional da Física').
  • 1909 - Robert Millikan, co seu experimento da gota de aceite amosa que os electróns teñen carga eléctrica definida e mídea.
  • 1911 - Ernest Rutherford asenta a base experimental da teoría atómica
  • 1911 - Onnes da os primeiros pasos en Superconductividade
  • 1913 - Niels Bohr presenta o seu modelo atómico.
  • 1915 - Einstein publica a teoría da relatividade xeral.
  • 1919 - Arthur Eddington. Demostra a teoría da relatividade xeral ó medir o efecto gravitacional do Sol sobre a luz de estrelas distantes.
  • 1920 - Otto Stern e Walter Gerlach realizan o experimento de Stern-Gerlach, que amosa a existencia do spin das partículas subatómicas.
  • 1927 - Georges Lemaître propón as bases da teoría da grande explosión Big Bang.
  • 1928 - O experimento de Griffith amosa que a herdanza xenética pode transformarse.
  • 1929 - Edwin Hubble descobre a expansión do Universo.
  • 1934 - Enrico Fermi produce a división do núcleo atómico.
  • 1947 - John Bardeen e Walter Brittain fabrican o primeiro transistor.
  • 1952 - Alfred Hersey e Martha Chase amosan co experimento de Hershey-Chase que o ADN ten as instruccións xenéticas da vida.
  • 1953 - Stanley L. Miller e Harold C. Urey realizan o experimento de Miller-Urey demostrando que a materia orgánica pode xudir a partir da materia interte en condicións adecuadas.
  • 1953 - James Watson e Francis Crick descubren a estructura en doble hélice do ADN.
  • 1955 - Clyde L. Cowan e Frederick Reines confirman a existencia dos neutrinos.
  • 1965 - Arno Penzias e Robert Wilson descubren a radiación cósmica ou fondo de microondas do Universo, evidencia observacional da teoría do Big Bang.
  • 1965 - Richard Feynman teoriza sobre a Electrodinámica Cuántica.
  • 1995 - Experimentos no Fermilab permiten detectar o quark top, a derradeira peza fundamental do modelo estándar en ser observada.
  • 2002 - Raymond Davis Jr. e Masatoshi Koshiba detectan as transformacións dos diferentes tipos de neutrinos amosando que teñen masa.

[editar] Ligazóns de artigos relacionados

Por períodos históricos:

  1. Civilizacións antigas.
  2. Grecia e Roma.
  3. Mundo islámico e oriental.
  4. Europa medieval.
  5. Renacemento.
  6. Era Moderna.
  7. O Industrialismo.
  8. Ciencia moderna.
  9. Actualidade.

Por disciplinas científicas:

  • Historia da arqueoloxía.
  • Historia da astronomía.
  • Historia da bioloxía.
  • Historia da física.
  • Historia da xeología.
  • Historia das matemáticas.
  • Historia da medicina.
  • Historia da química.

[editar] Ver tamén

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com